Nove grupos e un DJ protagonizarán a edición 2015 do Galegote Rock, unha cita na que a música e o galego son protagonistas. Nesta cuarta entrega a entrada os recitais será de balde e habrá actuacións en seis locais (salas de concertos, pubs etc) pero tamén nas prazas de Méndez Núñez e Cinco Rúas.

O galego e a música volven a ser son os grandes protagonistas do Galegote Rock, un festival organizado pola Concellería de Normalización Lingüística de Pontevedra e producido pola produtora Pontevedra ao Vivo, e que se propón achegar a mellor música das bandas galegas ao público, así como promocionar os grupos que cantan na nosa lingua.

O festival chega á súa cuarta edición e xa "comeza a ser unha cita sinalada para público e músicos", sinala a organización, que incoropioeste ano novidades ó festival. Entre ellas, que será de balde, e celebrarase en distintos puntos da cidade para que o gocen todas as persoas que njeses días visiten a cidade.

Os escenarios do festival serán a Sala Karma, El Pequeño, a cervexaría Trueque, A Gramola, O Grifón e O Lusco e Fusco, ademais dasprazas de Méndez Núñez e das Cinco Rúas.

" Outra das novidades", engade a organización, "é o cambio nos horarios e no número de días. O festival aumentara un día máis, comezando o mércores 13 de maio e rematando o sábado 16. Este último será o día grande, xa que haberá concertos dende as dúas da tarde ata as once da noite".

Tamén suliñan que a calidade e variedade dos grupos no Galegote Rock 2015 "é moi importante. O cartel formano grupos como Narf e Caxade (con premios e nominacións en distintos certames; Mestre Mateo, Premios da Música Martín Codax...etc), o grupo ourensán Os Amigos dos músicos, o cantautor Leo I Arremecaghona, as bandas locais Querido Extraño e Mike Grelo, e o Dj especializado en rock galego e bravú O Xabarín de Bora. Haberá un día dedicado ao Jazz, David Regueiro Swingtet, e o peche será en Sala Karma con Superoito e Martelo".

Na presentación, onte, do festival tamén se destacou que "a organización do Galegote decidiu convidar, aínda que fóra do cartel e aproveitando que están de xira, os grupos portugueses The Birds Are Indie e A Jigsaw, que realizarán varias actuacións pola cidade durante a fin de semana do festival".

Estas actuacións especiais tamén serán de balde e complementarán unha cita que convoca cada ano ós numerosos afeccionados á música feita en Galicia e noso idioma.