SUSANA REGUEIRA | PONTEVEDRA

A palabra, como xeito de expresión, de comunicación, levada ó cine, á música, as artes plásticas, tambén a palabra como reivindicación do emprego da nosa lingua será a protagonista da edición 2015 do Culturgal, a Feira das Industrias Culturais de Galicia que de novo se celebrará en Pontevedra. Será no vindeiro mes de decembro e incluirá "entre 120 e 150 actividades", segúndo anunciou a organización.

Ésta deuse cita no Centro de Interpretación das Torres Arzobispais (CITA) da cidade do Lérez para anunciar iniciativas como a que porá en marcha Agadic, a Axencia Galega das Industrias Culturais, que promoverá encontros entre editores e produtors cinematográficos para adaptación de clásicos da literatura galega.

Outras novidades son a suxerencia do público, caso da ampliación dos espazos adicados ós máis pequenos ou o incremento da faceta máis comercial da feira.

Culturgal, que se celebrará do 4 ao 6 de decembro, contou o pasado ano cun orzamento de 130.000 euros, que se prevé igualar nesta edición. Manuel Bragado, da Asociación Culturgal, destacou que co incremento da actividade comercial outro dos obxectivos é unha feira económicamente sostible e a fidelización dos distintos públicos (familiar, profesional, interesados no cinema, na música...) cunha ampla variedade de actividades de calidade.

A fin de facer a feira económicamente sostible, a previsiión é que as administracións implicadas no proxecto (Xunta, Concello e Diputación) aporten o 60% do orzamento e o 40% que sexa financiación privada. Manterase a entrada (2 euros por día ou 3 polos tres días da feira e para os menores de 12 anos 1 euro por día e 3 polo total), que o pasado ano supo o 8,72% dos ingresos totais, mentras que outro 12,44% aportarono os expositores.

O CITA tamén foi escenario da presentación do cartel, dúas mans que simbolizan, segundo a organización "o orgullo da construcción colectiva" que é o Culturgal.