SUSANA REGUEIRA

As novidades na edición, no mundo da música, do cine, do teatro, das artes plásticas ou da artesanía teñen cabida no Culturgal 2015, a feira das industrias culturais galegas que esta mañá abriu as súas portas no Pazo da Cultura de Pontevedra, onde poderá visitarse ata a tarde do vindeiro domingo.

Un intenso programa con máis de cen actividades concentradas en tres días (dende contactontos a presentacións, obras de teatro, debate, demostracións ou concertos) e os 81 estands convirtense no gran escaparate da cultura galega. Un ano máis, os máis pequeños da casa teñen un protagonismo especial e entre as novedades deste ano está un espacio para bebés.

Na súa oitava edición, Culturgal consolidase como referente "capaz de liderar o sector cultural e adaptarse aos tempos... Aquí está o mellor que temos nós, que é a nosa cultura", suliñou o conselleiro de Cutlura, Román Rodríguez.

Pola súa banda, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, fixo votos porque a vindeira feira das industrias culturais "tamén se celebre na provincia de Pontevedra".

Ó igual que Román Rodríguez, que a concelleira de Cultura de Pontevedra, Anxos Riveiro, ou que o presidiente da Asociación Culturgal, Manuel Bragado, destacou que o Culturgal non só expresa a nosa potencialidade e creatividade senón a capacidade económica e de emprego do sector cultural galego.

Tres días de intensa actividade

Como cada ano, Culturgal contará coa presenza de figuras recoñecidas do mundo da cultura, que manterán encontros co público. Así, este ano pasaranse polo Recinto Feiral escritores como Manuel Rivas, Ledicia Costas ou Diego Ameixeiras.

Tamén estaba previsto que participase o recentemente falecido Xosé Neira Vilas, que ía presentar na feira o seu novo libro, publicado por Galaxia. A editorial e a organización decidiron manter o acto mañá ás 12.45 horas, converténdoo nunha homenaxe ao autor de Vila de Cruces.

O programa para hoxe inclúe a presentación da unidade didáctica "Estampas de Castelao" da Deputación de Pontevedra, a lectura dramatizada do espectáculo "Raclette", de Ibuprofeno Teatro e unha conversación con Francisco Pérez Lorenzo, Ledicia Costas e Antón Riveiro Coello. Tamén haberá música con Javier Prado, Samuel Levi e os nenos perdidos e proxectaranse varios documentais.

Para os nenos, sesión de contacontos, teatro e encontros con escritores de literatura infantil.