Noticias | Agenda

BMP, Banda de Gaitas de Forcarei, "Josele" e Vanesa Muela, no Concerto das Letras Galegas

A actuación celebrarase a mediodía no Teatro Principal e está aberta a todos os interesados
16-05-2017 11:21
1 voto
Concerto da Banda de Música de Pontevedra no Teatro Principal

Concerto da Banda de Música de Pontevedra no Teatro Principal

A Banda de Música de Pontevedra e a Banda de Gaitas de Forcarei protagonizarán o vindeiro domingo, día 21, o concerto extraordinario do Día das Letras Galegas. Na actuación, que presentará Xavier Cruz, colaborarán o gaiteiro José Manuel López "Josele" e a cantante Vanesa Muela.

Rafael Agulló Albors, director titular da Banda de Música de Pontevedra, encabezará a actuación e explicou que se trata da primeira ocasión na que se combina unha banda de música de formato máis clásico, como a capitalina, con unha agrupación de gaiteiros "máis popular e folclórica, todo elo co fantástico gaiteiro Josele e a voz fantástica de Muela, que se adica a recuperar o folclore de distintos puntos do país".
A música será, engadiu, o elemento central dunha festa que tamén terá unha parte poética narrada que enfiará as distintas pezas.

A actuación principiará ás 12 horas no Teatro Principal e está aberta a todos os interesados en disfrutar deste espectáculo que se foi modificando ó longo do tempo e agora "mestura pezas máis clásicas con máis modernas, por exemplo unha de Ivan Costa", sinala Rafael Agulló, que esta mañá acompañou á concelleira de Cultura, Carmen Fouces, na presentación do espectáculo.

Este espectáculo no que se fusionarán diferentes estilos e épocas servirá de anticipo ó ciclo de conciertos ó aire libre da Banda de Música de Pontevedra, que habitualmente principia no mes de xuño.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Agenda de hoy

Apresentação de Galeguia

Apresentação de Galeguia

Andel Libraría

Pólvora

Pólvora

Radar Estudios

Xan Vega

Xan Vega

Café Bar Triskel

Paco Nogueiras: Radio Bulebule

Paco Nogueiras: Radio Bulebule

Libros para soñar

Recital poesía e inscripción soci@s

Recital poesía e inscripción soci@s

Café de Catro a Catro

VI Mercadillo Solidario por la Esclerosis Múltiple

VI Mercadillo Solidario por la Esclerosis Múltiple

Asociación Viguesa de Esclerosis Múltiple de Pontevedra

Pilates En Grupo

Pilates En Grupo

Ceip - Poio

Exposición-Óleo

Pau Marcell: Sala de Exposiciones SAMDRA

Cursos de Iniciación Formación Musical

Concello de Vigo - VigoSónico

Prev
Next
Encuentra los eventos de