Os oficios perdidos e aqueles artesáns que ainda os fan posible; as músicas; as tabernas de carne o espeto e os postos de doces tradicionais con arrecendo a pan de fogaza recén feito, voltaron onte a vila medieval de Vilanova dos Infantes grazas a XVI edición da Romería Etnográfica Raigame.

Esta romería que cada ano ten lugar en Vilanova dos Infantes coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, tenta ser unha posta en valor do núcleo medieval de Vilanova e potenciar ese longo percorrido pola historia.

Este ano, a romaría adicaba o seu Premio Honorífico, Adolfo Enrique, que leva o nombre do párroco de Vilanova asasinado no 2015, o Museo do Pobo Galego, con gaio do 40 aniversario desta institución. O acto de entrega tivo lugar na Praza Maior da vila e recolleu o premio María Xosé Fernández, subdirectora do Museo do Pobo Galego.

Pero este acto de homenaxe estuvo amenizado por outra formación excepcional, os Danzantes de Vilanova. Trátase dunha danza ancestral, cuxas danzantes visten roupas que remóntase a máis fonda historia da vila.