O Grupo de Danzas Ximalveira, da parroquia do Hío, organiza esta semana a vixésima edición do seu Festival Folclórico da Amizade, no que van participar cinco agrupacións. Será no espazo do emblemático Cruceiro do Hío, este sábado a partir das 21.30 horas, e contará coa presenza dun grupo chegado dende Portugal.

O programa deste ano inclúe a actuación do Grupo de baile e pandereteiras do Colexio Público do Hío; o Grupo Inquedanzas, que chega dende Tui; Pandereteir@s do Arco, que son da propia parroquia do Hío; o Rancho Folclórico da Amizade de Telões, que chega dende a localidad portuguesa de Amarante. O programa desde XX Festival Folclórico da Amizade complétase coa actuación da propia agrupación anfitriona, o Grupo de Danzas Ximalveira do Hío. Os organizadores contan coa colaboración da Concellería de Cultura de Cangas para este evento.