Conciertos en Pontevedra

Ciclo Voices - Maika Makovski presenta Chinook wind

0 votos
Ciclo Voices - Maika Makovski presenta Chinook wind
Ciclo Voices - Maika Makovski presenta Chinook wind

Pazo da Cultura

Alexandre Bóveda, s/n 36005 - Pontevedra

Teléfono: 986 83 30 61
Web oficial
19 de Mayo de 2017
Venda anticipada de entradas en Ataquilla.com a 16€ + gastos . No caso de non esgotare, o propio día do concerto na billeteira a 18e.
Horario: 21:00

Tras catro anos sen gravar, volve MAIKA MAKOVSKI que presentará no Pazo da Cultura de Pontevedra (venres 19 de maio) o seu novo disco, Chinook Wind, no marco do ciclo Voices. Maika Makovski completa con este traballo discográfico un ciclo marcado por incursións no mundo do teatro, un tempo no que tamén actuou e compuxo música, e o fai da man dun vello compañeiro, John Parish (mano dereita de PJ Harvey nalgún dos seus mellores discos e produtor tamén doutros artistas como Eels ou Tracy Chapman) con quen xa tiña colaborado tras recibir a invitación para gravar no estudo de Bristol do afamado produtor británico o seu terceiro disco (Maika Makovski, 2010).

Precisamente para a súa presentación en Pontevedra, Maika Makovski achega a este ciclo Voices unha singular proposta musical acompañada por membros de BROSSA QUARTET, cuarteto de cordas e colectivo instrumental catalán que busca en todas as súas propostas o diálogo entre diferentes disciplinas artísticas e estilos musicais, cunha frutífera traxectoria de máis dunha década baseada no achegamento á música clásica dende unha nova perspectiva, no compromiso coa música contemporánea e a estrea de autores actuais e na creación propia de músicas de gran transversalidade; así, os creadores de Brossa Quartet teñen promovido a colaboración con músicos de estilos tan diversos como o indie, o folk, o hip-hop, o tecnopop ou o rock e con artistas de disciplinas como a danza, o teatro, o cine e a literatura.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Ruta Gintonic

Encuentra los eventos de