Cursos y Seminarios en Pontevedra

Cursos de Iniciación Formación Musical

0 votos

Concello de Vigo - VigoSónico

Estrada do portal, s/n 36313 - Vigo

Web oficial
del 2 de Noviembre al 29 de Diciembre de 2017
Horario: De 16 a 22h.

Enviado por: VigoSonico Xuventude
Os cursos son de iniciación, gratuítos e cunha duración trimestral están destinados a mocidade empadroada en Vigo de idades comprendidas entre os 13 e os 35 anos. A asignación de prazas farase segundo a orde de chegada das solicitudes por medio deste formulario online. Veracidade dos datos inseridos: No caso de indicar datos falsos pode supoñer a exclusión da asignación das prazas, estes datos teñen que ser corroborados coa presentación da documentación requirida para os cursos antes do seu comezo: ? DNI, carné de conducir ou pasaporte vixente. ? Volante do empadroamento no Concello de Vigo. Rematado o prazo de inscricións comunicárase por medio do correo electrónico a concesión de prazas. As persoas admitidas nos cursos deberán comunicar con tempo abondo (mínimo 2 días) que rexeitan a praza, no caso de non facelo, poden ser excluídas de vindeiras convocatorias dos cursos de VigoSónico. Os cursos son de iniciación, gratuítos e cunha duración trimestral. As quendas estableceránse en función do número de alumnos/as a partires da hora indicada para cada un deles. A duración de cada clase é de 60 minutos. O alumnado segundo o calendario comunicado terá que asistir as clases tendo un máximo de 3 faltas ao curso, é dicir en todo o trimestre. A persoa beneficiaria do curso deberá avisar da súa ausencia antes da realización da clase, enviando un correo electrónico. Os cursos de INICIACIÓN II son para persoas que xa realizaran o curso de iniciación I da mesma temática. A listaxe de cursos é: Curso de iniciación ao baixo eléctrico (grupo 1): martes de 20h.-21h. nas instalacións de VigoSónico de novembro 2017 a xaneiro 2018. Curso de iniciación ao baixo eléctrico (grupo 2): martes de 21h.-22h. nas instalacións de VigoSónico de novembro 2017 a xaneiro 2018. Curso de iniciación á técnica vogal I: martes de 19:00h.-20h. nas instalacións de VigoSónico de novembro 2017 a xaneiro 2018. Curso de iniciación á técnica vogal II*: martes de 20h.-21h. nas instalacións de VigoSónico de novembro 2017 a xaneiro 2018. Curso de iniciación á guitarra I: mércores de 19:00h.-20h. nas instalacións de VigoSónico de novembro 2017 a xaneiro 2018. Curso de iniciación á guitarra II*: mércores de 20:00h.-21h. nas instalacións de VigoSónico de novembro 2017 a xaneiro 2018. Curso de iniciación á bateria (grupo 1): venres de 17h.-18h. nas instalacións de VigoSónico de novembro 2017 a xaneiro 2018. Curso de iniciación á bateria (grupo 2): venres de 18h.-19h nas instalacións de VigoSónico de novembro 2017 a xaneiro 2018. *Para estes grupos a persoa interesada ten que ter realizado o nivel I do curso de inciación en VigoSónico. Material a traer para o curso. Baixo: Para o curso de baixo eléctrico terás que traer o teu propio baixo eléctrico. Guitarra: Para o curso de guitarra terás que traer a túa propia guitarra, pode ser clásica ou eléctrica. Técnica vogal: non é preciso traer nada. Batería: Para o curso de batería terás que traer un xogo de baquetas.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

Programa para romper con el tabaco organizado por la aecc Vigo

Cursos y Seminarios

Programa para romper con el tabaco organizado por la aecc Vigo

Lugar: aecc de Vigo - Vigo

Fecha: 24 de Enero de 2018

A quién va dirigido el curso [leer +]
Taller de filosofía de oriente y occidente

Cursos y Seminarios

Taller de filosofía de oriente y occidente

Lugar: Asociación Espacio Gran vía - Vigo

Fecha: 18 de Enero de 2018

A quién va dirigido el curso [leer +]
Encuentra los eventos de