Espectáculos en Pontevedra

V Festival das Núbebes - Artes escénicas para bebés e familia

0 votos
V Festival das Núbebes - Artes escénicas para bebés e familia
V Festival das Núbebes - Artes escénicas para bebés e familia

Pazo da Cultura

Alexandre Bóveda, s/n 36005 - Pontevedra

Teléfono: 986 83 30 61
Web oficial
del 22 de Septiembre al 1 de Octubre de 2017

Co mes de setembro chega a Pontevedra o festival que os máis pequenos/as e tamén os papás e mamás estabades a agardar. Serán dúas intensas fins de semana cheíñas de propostas arredor das artes escénicas, pensadas e dirixidas á cativada da casa.

Teremos teatro, danza, música, obradoiros, animación de rúa, contacontos, a guerra de almofadas...

Un amplo abano de cousiñas bonitas que preparamos con moito cariño e cuns fermosos obxectivos: que poidades aprender xuntos, compartir experiencias e gozar dun tempo de lecer en familia.

O programa de actividades desenvolverase os días 22, 23, 24, 29, 30 de setembro e 1 de outubro, en espazos espallados por toda a cidade: Casa das Campás, Casa Azul, Teatro Principal, Praza do Teucro e o Patronato de Turismo Rías Baixas. Descarga e consulta o programa.

Comeza a quinta edición. Benvidos/as ao Festival das Núbebes!

NORMAS DE PARTICIPACIÓN

Ten en conta que todas as actividades do programa teñen un aforamento limitado, e que o número de prazas dispoñibles dependerá das características de cada unha delas e a idade dos cativos aos que se dirixan
O Festival dispón de venda de entradas anticipada en www.ataquilla.com. Este servizo está operativo para as entradas daqueles espectáculos que teñan custe
Para asistir ás actividades, tanto as que sexan de balde como as que teñan un custe, é necesaria a recollida previa de entradas na billeteira do Teatro Principal,(a excepción das que se impriman na casa a través do servizo que ofrece www.ataquilla.com)
As entradas poderán retirarse o mesmo día da función (cun máximo de 4 por persoa e espectáculo) cos seguintes horarios: de 10.00h a 13.00h para os espectáculos da mañá e de 16.00h a 19.00h para os espectáculos da tarde. Os venres a billeteira só abrirá en horario de tarde
As actividades de rúa non requiren entrada
Por favor, chega un pouco antes da hora.As actividades programadas comezarán puntualmente. Unha vez iniciada a función non se poderá acceder ao espazo onde se celebre
Os bebés deben ir sempre acompañados por unha ou dúas persoas adultas
As actividades recollidas neste programa poden estar suxeitas a cambios de última hora alleos á organización
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Agenda de hoy

I Subasta Vintage de Navidad

I Subasta Vintage de Navidad

Mercadillo La Casa de la Abuela

Francisco Rodiño

Francisco Rodiño

La Mesa de Alfar

Concertos deo nadal - 16 de diciembre

Concertos deo nadal - 16 de diciembre

Asociación de Vecinos de Navia Emilio Crespo

Mercado navideño

Mercado navideño

Bazares nos bares

Mirian Sandoval Trio

Mirian Sandoval Trio

Café de Catro a Catro

VI Mercadillo Solidario por la Esclerosis Múltiple

VI Mercadillo Solidario por la Esclerosis Múltiple

Asociación Viguesa de Esclerosis Múltiple de Pontevedra

Pilates En Grupo

Pilates En Grupo

Ceip - Poio

Exposición-Óleo

Pau Marcell: Sala de Exposiciones SAMDRA

Cursos de Iniciación Formación Musical

Concello de Vigo - VigoSónico

Prev
Next
Encuentra los eventos de