Exposiciones en Pontevedra

Imaxinar a educación. 50 anos con Frato

0 votos
Imaxinar a educación. 50 anos con Frato
Imaxinar a educación. 50 anos con Frato

Pazo da Cultura

Alexandre Bóveda, s/n 36005 - Pontevedra

Teléfono: 986 83 30 61
Web oficial
del 28 de Abril al 11 de Junio de 2017
Gratuito
Horario: 17:30 | De martes a venres de 17 a 21h. Sábados de 11 a 14 e de 17 a 21h. Domingos de 11 a 14h. Luns, pechado.

O venrs 28 bota a andar a exposición 'Imaxinar a educación. 50 anos con Frato' e con tal motivo e de xeito previo á apertura da Sala, ás 17:30h. terá lugar no Auditorio do Pazo da Cultura a conferencia inaugural da man de Francesco Tonucci.

Francesco Tonucci é un investigador e pedagogo italiano nado en Fano o 5 de xullo de 1940. En 1966 realizou os seus primeiros debuxos de carácter pedagóxico e desde 1968, co heterónimo de Frato, comezou un traballo gráfico sistemático coa intención de expoñer o seu pensamento educativo a través de viñetas e debuxos. Unido ao Parque das Ciencias desde a súa orixe, como fonte de inspiración e como impulsor da súa creación, agora volve ao museo para mostrar a través desta exposición o seu concepto da educación baseado no respecto e a escoita das nenas e nenos e no valor da participación para fomentar a aprendizaxe e promover a curiosidade. O seu traballo é moi valorado internacionalmente e tamén en España e en Andalucía, onde se lle outorgou a Medalla de Ouro ao Mérito en Educación no ano 2012.

IMAXINAR A EDUCACIÓN. 50 ANOS CON FRATO Educar non é unha tarefa fácil. A educación necesita unha reflexión constante e unha renovación permanente e para iso é moi conveniente dispoñer de espellos que devolvan a imaxe do que non se fai ben. O humor é un dos espellos máis importantes. É o que, desde hai medio século, vén facendo Frato. As súas viñetas reflicten, sempre desde a perspectiva das nenas e nenos, os erros e as contradicións da educación nas sociedades urbanas e desenvolvidas. A exposición Imaxinar a educación. 50 anos con Frato é unha invitación a pensar, a discutir prácticas desacertadas, a imaxinar un cambio. E ao mesmo tempo é unha oportunidade para mostrar a intelixencia e a creatividade da infancia, a súa capacidade para aprender e construír.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

Sorteo

FARO te invita a disfrutar de las mejores canciones de The Rolling Stones, con la banda tributo Satánicas Majestades, el 24 de septiembre en el Auditorio do Mar de Vigo, en compañía de los pequeños de la casa

Encuentra los eventos de