Exposiciones en Pontevedra

Antón Alonso Ríos

0 votos
Antón Alonso Ríos
Antón Alonso Ríos

Concello de Silleda

Rua Trasdeza, 55 36540 - Silleda

Web oficial
del 24 de Noviembre al 14 de Diciembre de 2017

A vida e obra de Antón Alonso Ríos percorre Galicia. A Casa da Cultura de Silleda acolle dende este venres 24 de novembro a completa exposición sobre o percorrido vital deste persoeiro e as súas achegas no ámbito da educación e da política, organizada polo Concello de Tomiño e cedida a outros municipios para dar a coñecer esta figura fundamental da historia do municipio, do Baixo Miño e de Galicia no campo do ensino e da política no movemento agrarista durante a II República.

Deste xeito a mostra chega á vila de nacemento de Alonso Ríos e nela o público atoparase, entre outros elementos, coa recreación dun aula co mobiliario e instrumental que se empregada nas escolas nos años 30 do século pasado, época na que este persoeiro exerceu como profesor.

Alonso Ríos naceu en Silleda en 1887 no seo dunha familia labrega. Mostrou sempre un grande interese polo ensino e, a pesares do seu orixe humilde, acabou cursando maxisterio da man dun dos académicos máis destacados da época, Víctor Fraiz Andión. Continuou coa súa vocación educativa en Arxentina, onde emigrou e comezou a súa actividade arredor do asociacionismo galego na emigración e do movemento agrarista.

Xa de volta en Galicia, foi director da escola da emigración 'Aurora do Porvenir', en Tomiño. Os seus métodos innovadores no ámbito do ensino, baseados na aprendizaxe a través da experiencia e do aprender facendo, fixeron que a reputación da escola e do seu traballo traspasara fronteiras e foran coñecidos en outros puntos de Europa, convertido a 'Aurora do Porvenir' nunha escola de vangarda no ensino rural.

No eido político, Antón Alonso Ríos destaca polo seu tesón no impulso dun modelo de desenvolvemento e transformación do rural a través do ensino orientado ao agro e polo seu discurso do impulso da igualdade social nun rural próspero, o que o levou a formar parte das Cortes de 1936 como deputado.
O golpe militar e a Guerra Civil acabaron comprometendo a súa vida, e o profesor estivo durante máis de dous anos percorrendo toda Galicia facéndose pasar por un esmoleiro portugués, ata que chegou a Portugal e de aí volveu emigrar a Bos Aires. Faleceu en 1980 como máximo representante do Consello de Galicia e, na actualidade, a súa obra literaria sobre educación e política é estudiada por historiadores e profesionais da educación.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Agenda de hoy

Laura

Laura

Ondas de Cánido

Víctor Grande

Víctor Grande

CSCD As Pedriñas

Clase de salsa cubana

Clase de salsa cubana

Café de catro a Catro

Xanotas e Leirotas

Xanotas e Leirotas

Café de catro a Catro

Monólogo de Tito Rober

Monólogo de Tito Rober

Cafeteria Avv Santa Marina de Cabral

Stephy Llaryora

Stephy Llaryora

El Bandoneón Café Bar

La mansión encantada… de conocerte

La mansión encantada… de conocerte

Mimosa Café Teatro Vigo

Informática para usuarios

Informática para usuarios

Centro Asociado de la UNED en Pontevedra

Monitor/a de actividades de Tiempo Libre

Monitor/a de actividades de Tiempo Libre

Aula Universitaria de la UNED en Portas

Prev
Next
Encuentra los eventos de