Exposiciones en Pontevedra

II Mostra da Camelia Cidade de Tui

0 votos
II Mostra da Camelia Cidade de Tui
II Mostra da Camelia Cidade de Tui

Concello de Tui

Praza do Concello, 1 36700 - Tui

Web oficial
del 6 al 15 de Enero de 2017

A inscrición para participar neste evento coma expositor está aberto ata o próximo luns día 9



A Sala de Exposicións Municipal de Tui, no edificio da Área Panorámica, acollerá o sábado 14 e o domingo 15 de xaneiro a II Mostra da Camelia Cidade de Tui organizada polo concello de Tui coa colaboración dun grupo de persoas amantes da camelia coma son Mª José Fernández, Fernando Da Costa, José Carlos Montes e Antonio Luís Montes, así coma da Deputación de Pontevedra e da Sociedade Española da Camelia.

Ata o próximo luns día 9 está aberto o prazo de inscrición para todos aqueles que desexen participar amosando os seus exemplares, flores, ou centros para o que o deben pórse en contacto co 666 837 501, 667 911 477 ou 649 899 544 comunicando os seus datos e tamaño da mesa de exposición que coma máximo será de 4 metros cadrados.

A inauguración da Mostra terá lugar o sábado ás 12.30h e poderá visitarse o sábado de 16.30h a 20.30h e o domingo de 10 a 14h e de 16 a 20h. A I Mostra da Camelia Cidade de Tui celebra hai un ano fora todo un éxito tanto no que se refire á exposición de flores, centros, e produtos relacionados coa camelia coma en asistencia de público.



A Camelia adorna espazos públicos de Tui

Dende hai unhas semanas trinta e cincoexemplares de camelias locen en distintos espazos públicos de Tui tras ser doados por uns particulares, Mª José Fernández Castiñeira e Fernando Da Costa, ao concello. En concreto parte das camelias plantáronse nos novos maceteiros distribuídos polo casco urbano, e outros de maior tamaño na área de autocaravanas na rúa Martínez Padín. Dende o Concello quérese agradecer a este participar a doazón realizada, ao tempo que solicitan a colaboración cidadá no coidado e respecto desta plantas.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Agenda de hoy

Planeta perdido

Planeta perdido

Teatro Aforo

Daniel Dapobra - Chatroom

Daniel Dapobra - Chatroom

Adelante Grupo Inmobiliario

Valbueno - Soho

Valbueno - Soho

Soho de Vigo

Taller de Expresión Escrita II

Taller de Expresión Escrita II

Aula Universitaria de Vigo

Prev
Next
Encuentra los eventos de