Exposiciones en Pontevedra

Inauguración das exposicións da Escola Superior Gallaecia en Tui

1 voto
Inauguración das exposicións da Escola Superior Gallaecia en Tui
Inauguración das exposicións da Escola Superior Gallaecia en Tui

Teatro Municipal - Edificio Área

Rúa Colón, 2 36700 - Tui

Web oficial
del 20 de Enero al 21 de Febrero de 2017

Mañá venres, 20 de xaneiro, ás 20:00 h na Sala de Exposicións Municipal da Área Panorámica, terá lugar a inauguración das exposicións que a Escola Superior Gallaecia, ESG, de Vila Nova de Cerveira presenta en Tui. Ao acto acudirán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez, e a concelleira de Cultura do concello de Tui, María José González, xunto a representantes da Escola Superior Gallaecia.

O evento comezará co videomapping "Building Reality" dos estudantes de Artes Plásticas e Multimedia da ESG xunto con Lázaro Pereira. Trátase dunha proxección dunha secuencia de imaxes e formas dinámicas acompañadas de diferentes sons co gallo de crear unha narrativa abstracta en base a creación arquitectónica. A continuación, producirase a inauguración oficial da exposición "Tui 2020: contribucións á evolución da cidade" e "Duas toalhas de banho".

A primeira delas segue a exposicións anteriores, de 2010 e 2013, e presentará unha selección de traballos do alumnado Arquitectura e Urbanismo da escola relativos ao tecido urbano e rehabilitación do conxunto histórico tudense. Cuestións como o trazado, creación de infraestruturas, distribución de equipamentos, dotacións no espazo público e posta en valor do patrimonio son abordadas nos diferentes proxectos.

Ademais, Raylander Mártis, estudante de Artes Plásticas e Multimedia, presenta a súa mostra "Duas toalhas de banho" que mestura vídeo e creacións artísticas co obxectivo de provocar a reflexión do espectador nunha produción vangardista.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Sorteo

FARO te invita a disfrutar de las mejores canciones de The Rolling Stones, con la banda tributo Satánicas Majestades, el 24 de septiembre en el Auditorio do Mar de Vigo, en compañía de los pequeños de la casa

Encuentra los eventos de