Exposiciones en Pontevedra

Rexas. Mulleres baixo o terror franquista

0 votos
Rexas. Mulleres baixo o terror franquista
Rexas. Mulleres baixo o terror franquista

Concello de Tui

Praza do Concello, 1 36700 - Tui

Web oficial
del 3 al 30 de Agosto de 2017

Mañá xoves, 3 de agosto, ás 12h na sala de exposicións municipal na Área Panorámica terá lugar a inauguración da exposición "Rexas. Mulleres baixo o terror franquista". Esta mostra, promovida polo departamento de Cultura da Deputación de Pontevedra, busca contar a historia da represión rexistrada en Pontevedra tras o golpe de Estado de 1936 dende o punto de vista das mulleres. En doce paneis recóllese a historia de 172 veciñas da provincia, a quen deste xeito se lles rende unha homenaxe.

A inauguración mañá xoves correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, da concelleira de Ensino e Cultura, Mª José González, do deputado de Cultura, Xosé Leal, da comisaria da mostra, Montse Fajardo e dun familiar dunha das vítimas, Julián Jaso.

A mostra poderá visitarse en Tui ata o 30 de agosto.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Sorteo

FARO te invita a disfrutar de las mejores canciones de The Rolling Stones, con la banda tributo Satánicas Majestades, el 24 de septiembre en el Auditorio do Mar de Vigo, en compañía de los pequeños de la casa

Encuentra los eventos de