Exposiciones en Pontevedra

Carolina Bonfim - 90 movementos sobre Technogym G6508D

0 votos
Carolina Bonfim - 90 movementos sobre Technogym G6508D
Carolina Bonfim - 90 movementos sobre Technogym G6508D

Museo Contemporáneo de Vigo (MARCO)

R/ Príncipe, 54 36202 - Vigo

Web oficial
del 20 de Enero al 2 de Abril de 2017

Ciclo PROBLEMÁTICAS. Artistas no relato incompleto

Anexo (vestíbulo principal)

Produción: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, en colaboración coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo

Ciclo PROBLEMÁTICAS. Artistas no relato incompleto
Comisaria: Chus Martínez Domínguez

O traballo de Carolina Bonfim (São Paulo, Brasil, 1982) xira en torno ao corpo, á xestualidade como pregunta. O proxecto específico 90 movementos sobre TECHNOGYM G6508D supón unha nova escala na liña de investigación que vén desenvolvendo desde hai seis anos, relacionada co estudo de accións corporais comúns, triviais, como andar, mirar, bailar ou sentarse. A exposición proponse como un arquivo, un espazo de observación e estudo dunha acción rexistrada na experiencia de correr, neste caso nunha cinta modelo Technogym G6508D. Con este exercicio, a artista experimenta, dende a súa subxectividade, a xestualidade do outro para expandir o seu particular repertorio corporal e manter activa a capacidade de ter, e ser, un corpo plural.

"O 13 de maio de 2016, ás 18:32, comecei a correr na cinta de correr modelo TECHNOGYM G6508D. Sobre esta cinta estiven durante 90 días correndo e desde unha observación activa, estudei os corpos que corrían diante de min.

A elección de realizar este estudo no ximnasio non foi aleatoria. O ximnasio é por excelencia un espazo dedicado á corporeidade, onde o corpo/suxeito está en movemento constante, que performa para seguir performando, 24h, 7 días á semana, 365 días/ano. A súa arquitectura é pensada como un escaparate de corpos, onde moitos alí depositan a procura de sentido por medio da práctica do movemento corporal. Como o corpo e a subxectividade poden ser pensadas, manipuladas, transmitidas e vividas a través dunha actividade física?"
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

ALT'11

Exposiciones

ALT'11 "La medusa parlante"

Lugar: AUDITORIO MUNICIPAL. - Vigo

Fecha: Todo el año

Exposición: Barreiro - O.G. [leer +]
José María Barreiro

Exposiciones

José María Barreiro

Lugar: Soho de Vigo - Vigo

Fecha: del 14 de Julio al 26 de Agosto de 2017

Exposición: Barreiro - O.G. [leer +]
Encuentra los eventos de