Exposiciones en Pontevedra

Un lugar para facer

1 voto
Un lugar para facer
Un lugar para facer

Museo Contemporáneo de Vigo (MARCO)

R/ Príncipe, 54 36202 - Vigo

Web oficial
del 22 de Abril de 2017 al 1 de Marzo de 2018
Horario: Martes a sábados (festivos incluídos) de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 / Domingos, de 11.00 a 14.30

O Departamento de Comunicación do MARCO de Vigo, convócalles á presentación á prensa que terá lugar este sábado 22 de abril ás 12.00, no Anexo, con motivo da inauguración do #SalónDoMARCO, un proxecto dirixido por Fran Quiroga, co que se inaugura unha nova etapa no Anexo, a sala de proxectos situada no vestíbulo principal.
Nesta presentación participarán
- Cayetano Rodríguez Escudero, concelleiro área de Cultura, Concello de Vigo
- Fran Quiroga, comisario do proxecto #SalónDoMARCO
- Iñaki Martínez Antelo, director do MARCO

Conversa + SESIÓN VERMÚ
Unha vez finalizada a presentación aos medios, a partir das 12.30 terá lugar unha conversa conducida por Fran Quiroga, con Lara Dopazo á poesía, e unha sesión vermú aberta ao público.

A partir do 22 de abril, o Anexo do MARCO estrea unha nova etapa da man do proxecto #SalónDoMARCO, dirixido por Fran Quiroga, que foi a proposta gañadora da Convocatoria ANEXO 2017.

Seguindo un dos signos distintivos do MARCO, a liña de programación desta sala situada no vestíbulo principal pon especial énfase na produción propia, tanto no que se refire ás obras e actividades, como ao comisariado. Nesta ocasión, o proxecto foi resultado dun concurso público pensado para seleccionar a programación que se desenvolverá no Anexo durante un ano: de abril de 2017 a marzo de 2018.

O #SalónDoMARCO configúrase como un espazo recoñecible pola propia sociedade, como esa sala de estar dun fogar na que reunirse en torno a unha mesa ou sentarse no sofá e falar do devir e do cotía. Este 'lugar para estar' concíbese como un proxecto de mediación, experimentación e investigación colectiva que facilita o impulso de comunidades de aprendizaxe; considerando a mediación non como un proceso de explicación do que alí ocorre, senón como un dispositivo que procura tecer redes e xerar conexións.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

ALT'11

Exposiciones

ALT'11 "La medusa parlante"

Lugar: AUDITORIO MUNICIPAL. - Vigo

Fecha: Todo el año

Premio MARCO/FRAC Lorraine/SFKM [leer +]
A timidez da copa das árbores

Exposiciones

A timidez da copa das árbores

Lugar: Museo Contemporáneo de Vigo (MARCO) - Vigo

Fecha: del 23 de Junio de 2017 al 7 de Enero de 2018

Premio MARCO/FRAC Lorraine/SFKM [leer +]

Sorteo

FARO te invita a disfrutar de las mejores canciones de The Rolling Stones, con la banda tributo Satánicas Majestades, el 24 de septiembre en el Auditorio do Mar de Vigo, en compañía de los pequeños de la casa

Encuentra los eventos de