Exposiciones en Pontevedra

Ánxel Huete. Unha revisión crítica

1 voto
Ánxel Huete. Unha revisión crítica
Ánxel Huete. Unha revisión crítica

Museo Contemporáneo de Vigo (MARCO)

R/ Príncipe, 54 36202 - Vigo

Web oficial
del 28 de Abril al 17 de Septiembre de 2017
Horario: Venres 28 de abril ás 12.00, inauguración da exposición

Nesta presentación participarán:
- Cayetano Rodríguez Escudero, concelleiro área de Cultura, Concello de Vigo
- Ánxel Huete, artista
- Agar Ledo, comisaria da exposición
- Iñaki Martínez Antelo, director do MARCO

Unha vez rematada a presentación haberá un percorrido polas salas da exposición, guiado polo artista e a comisaria.

Ánxel Huete. Unha revisión crítica é a primeira presentación que fai un museo da traxectoria de Ánxel Huete (Ourense, 1944), artista indispensable para comprender o discorrer da produción artística en Galicia nas últimas décadas. Defensor da arte como motor de transformación social, compaxinou o labor plástico coa militancia política e a activa participación na organización de eventos fundamentais para a renovación da arte galega e dos seus modos de organización: a exposición de escultura ao aire libre do Parque municipal do Castro (Vigo, 1974), as mostras da Praza da Princesa (Vigo, 1970s), Atlántica (1980-1983), a Asociación Galega de Artistas Visuais (creada en 1997) ou o Foro da Cultura Galega (1999-2001).

As discusións sobre arte e ideoloxía e a reflexión que o artista fai sobre a necesidade de abandonar o concepto que comprende a pintura como un instrumento referencial e mimético entre realidade exterior e produción pictórica -como recurso de representación- son parte fundamental do seu pensamento, non só durante a época de formación senón tamén en traballos recentes. Na exposición proponse un percorrido polos momentos e lugares que caracterizan cinco décadas de produción artística, nas que a súa obra camiña cara unha progresiva sintetización da imaxe pictórica, tanto nas pezas monocromáticas, nas distribucións reticulares ou na firme decisión do autor de reducir a análise da pintura ao estatuto simbólico do signo.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

ALT'11

Exposiciones

ALT'11 "La medusa parlante"

Lugar: AUDITORIO MUNICIPAL. - Vigo

Fecha: Todo el año

O Departamento de Comunicación [leer +]
Un lugar para facer

Exposiciones

Un lugar para facer

Lugar: Museo Contemporáneo de Vigo (MARCO) - Vigo

Fecha: del 22 de Abril de 2017 al 1 de Marzo de 2018

O Departamento de Comunicación [leer +]

Sorteo

FARO te invita a disfrutar de las mejores canciones de The Rolling Stones, con la banda tributo Satánicas Majestades, el 24 de septiembre en el Auditorio do Mar de Vigo, en compañía de los pequeños de la casa

Encuentra los eventos de