A poeta María Álvarez Martínez, Masha, gaña o Victoriano Taibo con “Dakota”

Masha, tocando a gaita.  | // CEDIDA

Masha, tocando a gaita. | // CEDIDA / REDACCIÓN

REDACCIÓN

O xurado do XV Premio de Poesía Victoriano Taibo, que organiza o IEM en colaboración co Concello de Gondomar e coa Editorial Galaxia, resolveu por unanimidade que o gañador desta edición sexa o poemario presentado baixo o título “Patios” e firmado pola poeta María Álvarez Martínez, coñecida como Masha, por constituir “unha audaz xeopoética do desarraigamento onde se destaca a memoria da infancia e os lazos familiares”.

O tribunal destaca a súa “acertada descrición da saudade” e o seu “profundo lirismo”. Masha recollerá o galardón en marzo e a obra será publicada baixo o título “Dakota”. Antes da gala de entrega, a autora impartirá un obradoiro de poesía.

Masha ten unha estreita relación con Lalín desde hai tempo, a través do recoñecido poeta e contacontos local Celso Fernández Sanmartín e outros amigos.