O Festival Latexos do Rural retorna a Riós cos mozos de Arousa como convidados
A cita é o 19 de maio na vila ourensá
O Festival Latexos no rural retorna ao rural ourensán. O día 19 de maio regresa a Riós e as aldeas do arredor con Fillas de Cassandra como cabeza de cartel. Os mozos de Arousa participarán como mestres de cerimonia na Ruta do Talento.
A organización, a Asociación Cultural da Castaña, co actor Rubén Riós, explica que haberá unha ruta composta por castaños centenarios apadriñados por persoas da nosa cultura.
Participarán nesta edición Paula Carballeira (Premio Nacional de Narrativa), Yolanda Castaño (Premio Nacional de Poesía), Jaione Camborda (Concha de ouro do festival de san Sebastián 2023), Begoña Vázquez (Mellor Chef galega 2024), Carla Rivas (nominada Mestre Mateo 2024), Silvia Cerneira (Voz A Banda de Balbina).
Dentro do programa, inclúese unha sesión vermú no espazo agroforestal de no esde San Pedro de Pousada, amenizada pola música da banda de gaitas e pandereteiras do Riós para dar paso a un xantar de productos 100 por cento galegos.
O evento será gratuito a excepción das actuacións musicais que se darán lugar xa chegada a tarde na aldea de Riós, nas cales estarán presentes as Fillas de Cassandra en concerto acústico, A Banda de Balbina, Los Platinos e coma fin de festa a discoteca móvil Gramola. As entradas físicas estarán dispoñibles no Supermercado Maver en Riós, no complexo Palavida en Verín e na vinoteca Gandainas ou ben online, por medio da plataforma Woutick.es ata o día 14 de maio ás 12.00 horas.
O festival que conta co patrocinio da Xunta, Deputación de Ourense, Concello de Riós e a Discomóvil Gramola e coa colaboración de empresas como Asador Jose, Residencia Montebarrio, Gandainas, Sacra Activa e Discarlux.
- Adiós a la prohibición de llevar líquidos en los aviones: así podrás viajar ahora
- La inquietante carta que Alfonso Basterra le escribió al creador de 'El Caso Asunta': "Descorche una botella de cava y brinde
- Risto Mejide anuncia que deja de presentar 'Todo es mentira': la razón y quién ocupará su lugar
- Hallan en una zona rocosa y con golpes en el rostro el cuerpo de la mujer desaparecida
- Si quieres ser maquinista de Renfe, el curso en Galicia cuenta con 20 plazas y cuesta algo más de 20.000 euros
- 5 kilos menos en sólo en 3 días: así podrás lograrlo con la dieta del atún
- Un instituto de Vigo abandona la enseñanza digital por la caída del rendimiento del alumnado
- Los coches con etiqueta B y C dejarán de circular: ya hay fecha oficial