Viernes, 16 Noviembre 2018

Noticias | Agenda

Requeixo: "Díaz Castro foi home poliédrico, tan interesante poeta como traductor"

"Dominaba dez linguas e podía traducir aos autores universais do orixinal", dixo o seu biógrafo - "Non o aparentaba pero era un intelectual de envergadura", afirma Tosar
12-05-2014 23:31
1 voto
De esquerda a dereita, Méndez Ferrín, Manuel Bragado, González Tosar e Armando Requeixo. // R. Grobas

De esquerda a dereita, Méndez Ferrín, Manuel Bragado, González Tosar e Armando Requeixo. // R. Grobas

"Malia o que se ten dito neste 2014, Xosé Manuel Díaz Castro é máis que "Nimbos", ese poemario que é certamente a xoia da coroa e, por suposto, máis que "Penélope", o seu poema emblemático. É unha figura poliédrica e o ano Díaz Castro quedaría coxo se non aceptamos que tiña outras dimensións moi interesantes na súa vida". Eso dixo ArmandoRequeixo, doutor en Filoloxía Galega e biógrafo do autor ao que este ano adícase o Día das Letras Galegas.

"Xosé María Díaz Castro. A beleza que fere" foi o tema arredor do cal xirou en Club FARO unha mesa redonda na que o director de Xerais, Manuel Bragado, fixo o papel introductor e, ademáis do biógrafo, falaron Xosé Luis Méndez Ferrín, ex presidente da Real Academia Galega e Luis González Tosar, presidente do PEN Club de Galicia

Bragado foi o que deu unha información básica sobre a traiectoria de Díaz Castro, de cuio poemario "Nimbos" dixo que era "un dos cumes da poesía galega, un dos maiores logros da literatura galega no século XX". Para Bragado era un "poeta esencial e austero, un clásico humilde que escribiu algúns dos versos máis inesquencibles agromados en galego".

Requeixo, o seu biógrafo, suliñou ese aspecto poliédrico do autor. "Hai nel -dixo- outras dimensións interesantes polas que a R.A.G. mostrou gran intuición cando decidiu adicarlle este ano das Letras Galegas. Xa dixo Alonso Montero, con respecto ao seu libro "Nimbos", que si algun día houbera que facer algunha escolma antolóxica tería que incluir os 32 poemas, posto que todos son irrenunciables. Pero, además de 'Nimbos', xa está no mercado a súa poesía completa, que ten un andar poético duns 60 anos, desde a xuventude a morte, e atesoura uns 210 poemas, 7 veces máis dos que se coñecen, e algúns entre eles que poden rivalizar en calidade".

Varios no mesmo

Requeixo falou dun Díaz Castro de xuventude, achegado á Escola de Mondoñedo en cuio seminario estudaba, outro de preguerra, outro que é o de "Nimbos", outro dos anos 80 cando o recuperaron do olvido algúns estudiosos como González Tosar, que o chamou para a revista que dirixía... "Por si non foran suficentes razóns - engadiu Requeixo- hai outras dimensións nel: a do poeta noutras linguas, capaz de escribir igoalmente ben en castelán. Outra faciana da súa vida é a de traductor. Foi tan interesante traductor como poeta, e xa está recollida nun libro toda a poesía que traduxo, ese diálogo seu con grandes nomes aos que traducía do orixinal. Desde os nosos poetas ao castelán a Rilke, Víctor Hugo, Chesterton, Valery... Era un políglota consumado, coñocedor de dez idiomas pero capaz de manexar máis, o que lle permitía ler e comprender a eses autores sen intermediario, na súa expresión orixinal".

Falou Tosar

González Tosar lembrou o primeiro coñecemento que tuvo da obra "Nimbos" de Díaz Castro. "Foi -dixo- en 1971, dez anos despois de que Galaxia a publicara, cando estudaba no instituto vigués Santa Irene e tiña como profesor a Méndez Ferrín. Impactoume cando lin aquel poemario e non me esquecín porque, en 1981, cando empezamos coa revista 'Dorna', púxeme en contacto con il e respostume moi amable, encantado de que nos acordáramos da súa obra. Soliciteille colaboracións para a revista e as veces me mandaba poemas entresacados do baúl, as veces traduccións... Na primeira etapa notáballe unha certa prevención a publicar, non quería ser destacado porque dicía que había que dar paso aos xovenes".

Tosar falou da vida máis íntima de Díaz Castro, a súa movilización no exército de Franco "ao que foi de boa gana", os recelos xurdidos ao ver as atrocidades no frente de Asturias e o enchufe que lle truxo á retagardia en Pontevedra, a "madriña de guerra" vasca da que se enamorou e coa que casou, o seu abandono antes da carreira eclesiástica, o traballo de traductor en Madrid, a "feliz" xubilación volto a Galicia... Tosar ocupouse da edición máis recente de Nimbos", a cuarta de Galaxia e a que considera a máis testamentaria do autor.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Concurso

Encuentra los eventos de