Jueves, 17 Octubre 2019

Noticias | Agenda

Daniel Moreiras: "Faime gracia que a xente me pare pola rúa"

Famoso polas parodias das cancións de Ricky Martin e Miley Cirus, colga novo vídeo sobre O Legado do Tibu
16-06-2014 00:50
3 votos
Daniel Moreiras, no vídeo Fertimón arremendando a Cyrus. // Youtube

Daniel Moreiras, no vídeo Fertimón arremendando a Cyrus. // Youtube

MAR MATO | VIGO
Quizais o nome de Daniel Moreiras (Taboada, Lugo, 1981) non lles sone. Pero se aclaramos que é o rapaz que aparece no YouTube arremedando a Miley Cyrus nun columpio feito de neumático; lambendo nun sacho, vestido cun calzón masculino enteiro branco e cantando ós estragos que lle fixo o Fertimón nas patacas, seguro que lles sona. Tamén é o que canta na Bertolina, a versión galega da Adrenalina de Ricky Martín e Jennifer López coa que superou o millón de visitas en YouTube. Nos últimos días, atreveuse a facer unha parodia do Legado do Tibu e os Teletubbies xuntos. Pode verse na canle Ivan Jalen de YouTube.

-Cando comezou a cantar?
-Eu son o único artistilla da familia e de toda a zona. Creo que empecei a cantar antes que a falar. Tomei clases de canto por hobby. Tiven unha afección na gorxa, monucleosis infecciosa, e complicóuseme bastante. Estiven no hospital e dixéronme que seguramente me quedarían secuelas. Cando estaba no hospital, chamoume unha orquestra e empecei a pensar na posibilidade de adicarme a isto inda que só fora por te-la experiencia.Así que aproveitei a ocasión. Tiña 22 ou 23 anos.

-Como pasou a face-las versións das cancións en vídeos cómicos?
-A que me liou para facer isto foi a actual cantante dos Satélites, Arantxa Álvarez, que era compañeira miña o ano pasado. Eu por lecer escribo poesía, relatos... que nunca publico nin llo deixo ver á xente. Un día, por casualidade, ela estaba na miña casa e leu os poemas. No seguinte ensaio coa orquestra, Costa Dorada, contoullo ós compañeiros. Estabamos a preparar o Gangnam Style e ela faloulles que me tiñan que convencer para que fixera unha parodia en galego porque escribía moi ben. Aceptei o reto. Despois, con outros amigos afeccionados ó audiovisual falamos de facer unha curta ou unha historia de coña. Ensineilles a parodia do Gangnam (Vou estalar), gustoulles e gravámolo. Como o pasamos ben e tivo certa repercusión fixemos máis.

-Cústalle poñerse na pel de persoeiros no medio dunha leira?
-Eu son bastante desinhibido, pero si que é un reto porque manterme serio mentras por dentro racho coa risa é difícil.

-O lugar onde gravaron a Bertolina (parodia de Adrenalina de JLO, Ricky Martin e Wisin) é a aldea dalgún?
-Os platós, por dicilo dalgunha maneira, foron nos primeiros vídeos as aldeas de María e a miña. Para o terceiro vídeo, Bertolina, xa tiñamos peticións de moita xente de que lles gustaría participar e de que gravaramos nas súas aldeas. Eu vivo a medio camiño de dúas aldeas de Taboada: Taboada dos Freires e Cerdeda (Lugo); e a de María é Piñeiro, en O Páramo.

-Esperaban co terceiro ter ese salto a todo o Estado e eleva-las visitas a un millón?
-Cando subimos Bertolina, ese día estaba comendo na miña casa un extra. Eu dicía que Bertolina non alcanzaría o éxito do anterior vídeo Fertimón (parodia do Wrecking ball de Cyrus) e el dicía que si. Nin imaxinaba que chegaría a esas cotas..

-Como viven este momento?
-Fainos moitísima gracia. Tomámola como unha anécdota. Vivímolo como unha experiencia agradable. María e Iván pasan desapercibidos, pero eu cando vou pola rúa a xente párame para sacarse fotos comigo. Cando actúo nas festas xa non che digo nada. É algo moi grato.

-Nas festas, tocarán estes temas.
-Home, iso non pode faltar. Xa moita xente acode onde toca Costa Dorada porque sabe que imos toca-la Bertolina ou o Fertimón. Pobre de nós que non a toquemos. Iso é o bo que ten que as actuacións medran para a orquestra.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Agenda de hoy

Magna en tu bar

Magna en tu bar

Concello de Pontevedra

IX Encontro Nacional de Mulleres - Panxón 2019

IX Encontro Nacional de Mulleres - Panxón 2019

Residencia Tiempo Libre Panxón

Taller de Yoga Nidra

Taller de Yoga Nidra

CYGOM Centro Médico

Concha de las Rosa - Instantes

Concha de las Rosa - Instantes

Sala de Fotografía Sargadelos de Vigo

Curso de informática de xestión

Curso de informática de xestión

Centro Veciñal e Cultural de Valladares

Curso de lingua e cultura castelán

Curso de lingua e cultura castelán

Centro Veciñal e Cultural de Valladares

Prev
Next
Encuentra los eventos de