Martes, 16 Julio 2019

Noticias | Agenda

A música galega conquista Chichester

O grupo de Bego Riobó actuou en Inglaterra, cunha colaboración do buenense Jacobo García
13-02-2012 05:30
0 votos
A actuación de Riobó, co gaitero buenense Jacobo García entre Marcos Campos e Bego Riobó.  // Zouma

A actuación de Riobó, co gaitero buenense Jacobo García entre Marcos Campos e Bego Riobó. // Zouma

O grupo da violinista Begoña Riobó enfeitizou ao público inglés coa súa actuación no auditorio The Venue, dentro da terceira edición do Celtic Footprint Festival. Os galegos presentaron os temas do seu novo disco, titulado tamén "Riobó" e a súa actuación gustou moito, tanto ao público que se deu cita no auditorio como aos organizadores e ao resto de bandas do festival. Bego Riobó é probablemente a violinista galega máis recoñecida e formou parte das bandas de Carlos Núñez, Susana Seivane ou do moañés Anxo Lorenzo. No seu actual grupo conta cun músico moi vencellado coa Banda de Gaitas Manxadoira de Bueu: O seu director Marcos Campos. E o gaiteiro decidiu botar man dun dos seus "alumnos privilexiados" para o concerto deste fin de semana en Inglaterra: O mozo buenense Jacobo García, que na actualidade reside en Londres.
Chichester é unha localidade situada no sur de Inglaterra e é a capital do condado de West Sussex. Marcos Campos deciudiu chamar a Jacobo García para que colaborase co grupo interpretando un par de pezas coa gaita. Así, o buenense subiu ao escenario para interpretar "Fox" e para participar no peche da actuación, cunha "potente" muiñeira titulada "Choupana".
A actuación de Riobó foi moi ben acollida en Inglaterra e o grupo espera que sexa unha porta de entrada ao circuito folc das illas británicas, que na actualidade goza de gran actividade. O ano pasado xa ofreceron un concerto na pequena illa de Man, pero nun formato máis pequeno e familiar.
No caso de Chichester Riobó compartiu cartel co violinista canadiense Richard Wood e co grupo escocés Bragac. Pero non foron os primeiros galegos en actuar neste festival. Na súa primeira edición estuvo o gaiteiro moañés Anxo Lorenzo, nun formato trío, e o ano pasado repetiu co formato banda.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Encuentra los eventos de