O VII Festival Primavera do Cine en Vigo proxectará unha trintena de curtametraxes, concretamente 33 obras que conforman a sección oficial -composta por filmes galegos, lusófonos e de animación-. A organización confirma que as obras poderanse ver no MARCO e no Instituto Camões e, do mesmo xeito que en edicións anteriores, terán prezos populares.

Esta sétima edición, que se celebrará do 8 ao 13 de maio, inclúe "La mujer invisible", de Noemí Chantada e "Aysha", de Fon Cortizo, entre moitas outras curtas.

O certame mostrará algunhas das últimas creacións de directores tan destacados como Álvaro Gago, que competirá con "Matria". Esta cinta valeulle recentemente ao director o gran premio do xurado en Sundance.

Tamén se poderá ver o traballo da redondelana Noemí Chantada, que presentará "La mujer invisible", un dos filmes premiados no "Curtocircuíto 2017" e que retrata a prostitución en Vigo.

A sección oficial de curtametraxes galegas e lusófonas está composta por un total de 33 cintas das que 9 son lusófonas, 12 teñen selo galego e 11 son de animación.

Dentro do bloque de obras galegas cabe destacar as xa nomeadas "La mujer invisible" e "Aysha".

Pola súa banda, tamén se proxectará "The App", de Julián Merino, unha obra que aborda as implicacións que poden chegar a ter as novas tecnoloxías e que arrasou no festival nacional de curtametraxes Talavera de la Reina 2017, e "La Madrina", unha comedia de Pedro Sancho que xa foi mercada pola plataforma de vídeos en streaming HBO para a súa emisión nos EE UU. Antes, tamén foi proxectada na XIV edición Festival de Cans. Un traballo co que Arantxa Arranguen conseguiu o premio do xurado á mellor interpretación feminina.

"Exhalación", de Al Díaz, unha obra experimental no que saen actrices da talla de Ángela Molina e María Hervás é outra das cintas que competirán.

En canto ós filmes lusófonos, o festival Primavera do Cine proxectará bras de autores portugueses eo brasileiros que contan xa con galardóns en diferentes festivais: obras como "O forasteiro", de Diogo Cronemberger e "Vidas cinzas", de Leonardo Martinelli, que foi premiado como mellor filme, mellor fotografía e mellor dirección no festival de Bento Gonçalves.

Fotograma de Deusa

"Deusa", de Bruna Callegari, tamén se poderá ver no certame, un filme que ostenta diversas distincións entre as que destacan o premio á mellor produción no 13º CineFest Gato Preto, en São Paulo.

Pero o festival tamén aposta pola animación, ámbito no que tanto Galicia como Portugal son grandes pioneiras.

Por iso, poderanse ver un total de 11 curtametraxes animadas como "É preciso que eu diminua", un videoclip realizado polo recoñecido Pedro Serrazina; "Surpresa", de Paulo Patrício, que aborda o cancro infantil a través dunha sincera conversación entre nai e filla; "The neverending wall", de Silvia Carpizo e que conta cun nomeamento ós Goya de 2018 ou "Áuga mole", de Laura Gonçalves, que reflicte o problema da desertificación no interior de Portugal.

SECCIÓN OFICIAL DE CURTAMETRAXES: OBRAS GALEGAS

The App, Julián Merino

Huellas, Rubén de Marina

Pequeña silenciosa, Carlos Alonso Ojea

Aysha, Fon Cortizo

Néboa, Claudia Costafreda

Pingas, Déborah Vukusic

Europa, Hugo Amoedo

La madrina, Pedro Sancho

Exhalación, Al Díaz

La mujer invisible, Noemí Chantada

Escarabana, Sara Casasnovas

Matria, Álvaro Gago

SECCIÓN OFICIAL DE CURTAMETRAXES: OBRAS LUSÓFONAS

O forasteiro, Diogo Cronemberger

Flores, Vado Vergara e Henrique Bruch

Vidas cinzas, Leonardo Martinelli

Em algún lugar, amanhã, André Siqueira

Deusa, Bruna Callegari

O menino e o louco, Julia Ferreira

Katharsis, Mirela Kruel

A gente nasce só de mãe, Caru Roelis

O vestido de Myriam, Lucas H. Rossi

Mãe querida, João Silva Santos

SECCIÓN OFICIAL DE CURTAMETRAXES: LISTA COMPLETA DE OBRAS DE ANIMACIÓN

Peixes, Juan Carlos Pena

Tocadora, Joana Imaginário

É preciso que eu diminua, Pedro Serrazina

Surpresa, Paulo Patrício

The voyaguer, João Gonzalez

The neverending wall, Silvia Carpizo

Estilhacos, José Miguel Ribeiro

Historia cerebro, Borja Santomé

Áuga mole, Laura Gonçalves

Solito, Gabriel Mayer

Viaxe a pies, Khris Cembe