Viernes, 23 Agosto 2019

Auditorios en Pontevedra

Auditorio Municipal de Valga

0 votos

C/ Ferreiros, 1 36645 - Valga

Teléfono: 986 556 769

As entradas ao Auditorio non presentan ningún tipo de barreiras arquitectónicas mostrando unha accesibilidade integral para usuarios de mobilidade reducida.

Conta con catro plantas: planta soto, planta baixa, planta primeira, segunda planta e baixo cuberta.

A planta soto está destinada a Escola de Música, Biblioteca Municipal, Aula de Novas Tecnoloxías, Aula de Coral, Aula de Servizos múltiples e baños.

A Planta baixa é a entrada principal ao Auditorio e conta con recepción, cafetería, oficina de Administración e información e baños.

A Planta primeira conta con dúas salas. A Salas Vermella, Sala Azul e baños.
A sala Vermella con 75 butacas, rack de control con sistema proxector de video, dvd, portátil e conexión con el Auditorio.
Esta planta ten acceso ao Auditorio.

A Sala Azul con 43 butacas e sistema de videoconferencia.

A Planta segunda comprende o Centro de Día destinado a persoas da Terceira Idade.

O baixo cuberta está conformado por unha gran sala destinada a sala de lectura así como sala de exposicións. Así mesmo consta de tres despachos.

En todo o centro os diferentes espacios están comunicados por amplios corredores que facilitan a circulación e accesibilidade dos usuarios. As portas e zonas de paso permiten o desprazamento e a maniobralidade con cadeiras de rodas.

A organización espacial está concebida con salas que formentan o encontro, o contacto social e a vida en comunidade na cal se integran outros espazos de menor entidade que facilitan a intimidade.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Encuentra los eventos de