Jueves, 6 Agosto 2020

Conciertos en Pontevedra

Tor

0 votos
Tor
Tor

Aturuxo Bar

Calle de Pazos Fontenla, 59 36939 - Bueu

Teléfono: 986 322569
Web oficial
9 de Julio de 2020
5€
Horario: 21:00

TOR Folk céltico da Galiza

AFORO LIMITADO

Prégase reservar previamente. Infórmate na sala, info@aturuxo.net ou 679 612 655. Reservas ata o día do concerto ás 14:00.

FÉLIX CASTRO

Anglo concertina, acordeón diatónico Gaita galega en Si bemol, toque pechado

CÁSTOR CASTRO

Frautas de madeira, bouzouqui

Membros da Aula de Música Tradicional Gomes Mouro de Ourense, do quinteto tradicional Os Lubicáns, e de Sólidos Galicianos, colaboradores habituais nos proxectos musicais de Pancho Alvarez. Investigan a frauta de madeira e o acordeón diatónico en Galicia así como o toque pechado na gaita, xeito antigo de tocar, e a recuperación da memoria e repertorio dos gaiteiros e músicos ourensáns, principalmente Faustino Santalices. Teñen colaborado nunha vintena de discos e recopilatorios nacionais e internacionais.

Entre as súas publicacións máis destacables se atopan O Catálogo de música tradicional da Limia, o libro-cd Sons da Limia, a exposición e cátalogo Faustino Santalices. Tradición musical galega e o congreso e actividades posteriores. Son colaboradores do proxecto Ronsel de recuperación do patrimonio inmaterial galego e do programa europeo Oralities, e asesores musicais do programa Alalá da TVG.

Noutros ámbitos, as súas investigacións etnográficas están centradas actualmente na figura de Manuel Blanco Romasanta, o Home lobo de Esgos, no que realizaron importantes descubrimentos. Félix está ademais especializado no Libro de San Cipriano, os libros do demo, o desencanto de tesouros, e a bibliografía ocultista do s. XIX e XX, sobre o que leva publicado numerosos artigos revistas de etnografía e bibliofilia españolas e internacionais. Organizou a exposición "Os Libros do Demo" no museo da Deputación de Lugo, e mesmo é reclamado de todo o orbe para desencantar tesouros e asesoramento máxico. Neste eido os plaxios que lle fan superan con creces a súa produción.

TOR supón para eles o regreso ás súas raigames musicais no folk, despois de dúas décadas dedicados maiormente á investigación musical.

XOSÉ LIZ

Bouzouqui, guitarra acústica, mandolina

Músico de recoñecido prestixio nacional e internacional no ámbito do folk galego e da Celtic Music. Máis de trinta producións discográficas cos mellores artistas galegos (Cristina Pato, Susana Seivane, Rodrigo Romaní, Anxo Pintos, Anxo Lorenzo, Begoña Riobo…) e a súa habitual presencia nos mellores escenarios destas músicas (Festival Intercéltico de L'orient, Celtic Connections, Piping Live, Vall D'aOsta, Scottish Weekend…) avalan a traxectoria deste multiinstrumentista vigués.

Compaxina a súa tarefa de músico profesional, produtor, arranxista e compositor; coa súa laboura de profesor titular de frauta e corda pulsada na prestixiosa escola de música folk e tradicional E-Trad de Vigo dende o 2009.

Recentemente ten publicado o seu primeiro disco en solitario "El Cantar de los flautares" como multiinstrumentista.

ÁLVARO IGLESIAS

Contrabaixo

Formado na música clásica, desenvolve a súa carreira na música tradicional galega.

Entre os seus mestres figuran o mestre lituano Iminas Kucinskas, Cris Gándara, Camilo Freire ou Carlos Méndez (mestre na Escola de Altos Estudios Musicais de Galicia e membro da Real Filarmonía de Galicia).

Formou parte de bandas coma Tres, Carlos Núñez, Pancho Alvarez, Faltriqueira, ou o gaiteiro Anxo Lorenzo, participando con todos eles ao longo de xa máis de vinte anos de carreira en numerosos festivais do máis alto nivel internacional, coma o Cambrigde Folk Festival, Rock in Rio, Womad, Festival do Mundo Celta de Ortigueira, Celtic Connections, Festival Intercéltico de Lorient, William Kennedy Piping Festiv al, Celtica, Gooikoorts, etc.

Entre os seus traballos máis destacados, figuran gravacións, composicións ou colaboracións en máis dunha veintena de discos e documentais para TVG ou Discovery Channel.

Actualmente, compaxina formar parte e colaborar con bandas coma Arán, Entre trastes, Ardentía, Son de Seu, ou Rodrigo Romaní, entre outros, con ser produtor, compositor, arranxista e freelance en gravacións de estudo ou colaboracións en directo con distintos artistas e bandas do panorama musical nacional e internacional.

Ven de publicar "alma" (Zouma Records 2018), o seu primeiro traballo discográfico en solitario, e tamén o primeiro disco na historia da música celta no que o instrumento solista é un contrabaixo, executando, xunto con guitarra acústica ou bouzouki, melodías e composicións propias baseadas sempre na música tradicional galega.

REPERTORIO de TOR
O repertorio do grupo componse de popurrís ou sets de temas instrumentais orixinais tomados da tradición galega, con especial atención aos gaiteiros e músicos do interior. A principal fonte é o traballo de campo do Arquivo Castro Vicente (Cástor e Félix Castro), e os seus fondos documentais e sonoros, centrados sobre todo na frauta de madeira e acordeón diatónico, así como en estilos de toque de gaita de comarcas pouco coñecidas como A Limia, Frieiras, e Navia entre outras.

Xunto coa liña melódica guiada principalmente por instrumentos da tradición galega como a gaita, a frauta de madeira, ou o acordeón diatónico, e outros máis atípicos como a angloconcertina, aparte harmónica a completan o bouzouqui e o contrabaixo, conformando un son acústico, reelaborado dun xeito concordante cos traballos que se fan hoxendía no folk atlántico europeo.

Sets de muiñeiras, xotas, alboradas, pasacorredoiras e piruxaldas, sucédense con outros temas máis pausados como alalás, cantos de reis, valses ou mazurcas, tan propias do sur ourensán.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

Xan Campos Trío

Conciertos

Xan Campos Trío

Lugar: Aturuxo Bar - Bueu

Fecha: 6 de Agosto de 2020

Actuación musical didáctica para [leer +]

LA MEJOR INFORMACIÓN, CERCA DE TI


Disfruta desde tu ordenador o tu móvil de más de un centenar de retos como crucigramas o sudokus

Agenda de hoy

Actividades de Verán

Actividades de Verán

Centro Arqueológico del Arenal Salinae

Campaña Verano Loco

Campaña Verano Loco

El Trastero de Bouzas

La nueva colección Colmeiro en Vigo

La nueva colección Colmeiro en Vigo

Pinacoteca Francisco Fernández del Riego

Prev
Next
Encuentra los eventos de