Viernes, 23 Agosto 2019

Conciertos en Pontevedra

Vudú

0 votos
Vudú
Vudú

Sala SalaSon

Rúa Lirio, 30 36940 - Cangas de Morrazo

Teléfono: 986 305 422
Web oficial
15 de Febrero de 2019
Horario: 22:30

XIRA EU SON VUDÚ

SOULK GALEGO

Vudú son Belém Tajes –voces e teclado- e Maritxinha –baixo e loops-. No ano 2016, a banda faise co premio á mellor canción en Galego por 'Eu son VooDoo' no certame Musica Xove e ao ano seguinte, acadan o Premio Martín Códax da Música galega na categoría Blues/Funk/Soul. Deste xeito conseguen consolidarse no seu estilo, íntimo e elegante, e comezan a explorar novos formatos en directo até chegar á proposta que as define na actualidade: música íntima e elegante para 'grandespequenos' momentos.


Co seu primeiro disco editado, 'Vudú Vol III' combinan letras tradicionais que veñen directamente das súas avoas con ritmos pop, percusións electrónicas e tintes jazz e soul. Vudú é unha música de esencia feminina, chea de sensualidade que pretende reivindicar a forza dos cantos tradicionais de Galicia.



'VUDÚ VOL. III' O DISCO


Vudú Vol. III' supón o peche dunha triloxía e o inicio dunha nova etapa. Con este traballo, Belém Tajes e Maritxinha preséntannos o seu primeiro disco longo editado, cheo de sons máis pop ca nunca, percusións electrónicas e os seus inconfundibles ritmos de jazz e soul.


Partindo de letras tradicionais, Vudú atrévese nesta ocasión tamén con ritmos cercanos aos anos cincuenta en temas como 'Xa me dixo', a versionar cancións populares como en 'Unha noite na eira do trigo' e 'Eu chorar chorei' e tamén a presentarnos propostas de composición propia coma o é 'Lingua', que xira arredor das linguas minorizadas.


Vudú Vol. III foi gravado en Drum&Roll (A Coruña) e El Observatorio Musical (Madrid). Conta con Nicolás Viéites na produción musical e con colaboradores e colaboradoras moi especiais como Adrián Seijas (Misterioso viaje a Holanda, Xoel López) nas percusións ou Nata Álvarez (Swingdigentes) ao saxofón.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

Hannah Wicklund

Conciertos

Hannah Wicklund

Lugar: Sala SalaSon - Cangas de Morrazo

Fecha: 5 de Septiembre de 2019

Encuentra los eventos de