Martes, 11 Diciembre 2018

Conciertos en Pontevedra

Davide Salvado

0 votos
Davide Salvado
Davide Salvado

Bar Liceum

Ramón González, 16 36400 - O Porriño

Teléfono: 986 330 022
Web oficial
15 de Febrero de 2013
5 € / 2,5 € (soci@s)
Horario: 23:30

Davide Salvado (Marín, 1981) é sen dúbida unha das voces máis carismáticas do noso país. De formación autodidacta, leva media vida percorrendo as aldeas galegas na procura de ritmos, coplas e danzas. De todas esas mulleres que foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, senón todo un xeito de vivir. O amor a todas esas prácticas tradicionais, a fía, a cestaría, a agricultura, o respeito á terra e á lingua, fan do xeito de entender o canto para Davide moito máis que simplemente música. No 2004 entra a formar parte, xunto a Ugia Pedreira (Marful), Ramom Pinheiro e Richard Rivera, do grupo Ecléctica Ensemble, formado no Conservatorio de Música Tradicional e Folque. Pouco despois, uniuse como cantante e percusionista á banda do recoñecido gaiteiro Xosé Manuel Budiño, coa que xirou por escenarios de medio mundo. A súa versatilidade permitiulle achegarse tamén a xéneros como o cabaret. Así formou xunto a Pepa Yáñez a compañía Cabaret d'Aquí, que destacou cos seus espectáculos Unha noite no muíño non é nada e O negro vai con todo, neste último acompañados de Nacho Muñoz. Tamén no teatro, foi parte do elenco de As Dunas do Centro Dramático Galego, e do musical Dillei, de Carlos Blanco. Na actualidade, é voz da Banda das Crechas, grupo residente da mítica Casa das Crechas compostelán, coa que gravou o seu disco homónimo. Davide ten ademais colaborado en varios traballos discográficos, como Arrolos de Salitre, o disco de cantos de berce editado por Xabier Díaz e Guillerme Fernández (Berrogüetto). No 2011, editou o seu primeiro traballo en solitario, Árnica Pura, producido por Eliseo Parra. Nel ofrécenos un repertorio moi variado, de músicas populares galegas e castellanas, romances, habaneras, cancións de autor... Un disco moi persoal no que Davide nos sorprende cunha escolla do que poderíamos chamar 'as súas cancións preferidas'. Xirando aínda co espectáculo de Árnica Pura e compaxinándoo coa súa labor de docente de pandeireta e canto tradicional en diferentes escolas, Davide Salvado está xa gravando o seu novo traballo. Na primavera de 2013 verá a luz un disco cento por cento galego, no que a voz e as percusións tradicionais teñen o protagonismo, cunhas colaboracións de luxo. Un traballo feito desde o corazón, un agradecemento a todas esas pandereteiras e bailadoras maiores, mulleres fortes e anónimas, que ensinaron a Davide a ser o que é.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

En estas fiestas, sobran los motivos para beber elaboraciones de vino gallego. En 2018, Galicia firmó la segunda mejor cosecha de su historiay nuestras bodegas despiden el año con un buen balance en todos los sectores 

Encuentra los eventos de