Martes, 18 Septiembre 2018

Conciertos en Pontevedra

Howie Reeve e Turbante

0 votos
Howie Reeve e Turbante
Howie Reeve e Turbante

Liceo Mutante

C/ Rosalía de Castro, 100 36002 - Pontevedra

Web oficial
14 de Septiembre de 2018
donativo de entre 5 e 8 euros íntegro para as bandas, ven para seguir loitando pola cultura libre e autoxestionada!
Horario: 20:30

Este venres 14 ás 20.30 temos unha noite desas que te quedan gravadas na cabeciña, noite de emocións, noite de alegrías da man de Howie Reeve e Turbante!

Howie Reeve é un querido bo amigo do Liceo, ven dende Glasgow e volta a esta casa para tocar as súas cancións imposíbeis, un home cun baixo e unha voz, non lle fai falta nada máis para facerte sentir e (de)construilo todo! Chegando a colaborar con persoas tan queridas nesta casa como Mike Watt, segue xirando polo mundo co seu último "Not So Secret Garden" e sempre é un placer telo neste recuncho da ría!

Turbante son dous militantes mutantes, Joni e Solla, participantes noutros proxectos como Montclair e Matadero, cando se xuntan estes dous rapaces improvisan e exploran a fondo as dinámicas do drone e o ambient, ata sumerxirte nun branco manto rodeado de proxeccións en 8mm!
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Concurso

Encuentra los eventos de