Domingo, 18 Noviembre 2018

Conciertos en Pontevedra

Neige Morte e Euglena

0 votos
Neige Morte e Euglena
Neige Morte e Euglena

Liceo Mutante

C/ Rosalía de Castro, 100 36002 - Pontevedra

Web oficial
11 de Octubre de 2018
Colaboración coas bandas optativa entre 5 e 8 €
Horario: 20:30

Xoves de escuridade, noite de tebras, trallita e amor no Liceo Mutante.

Neige Morte veñen dende Lyon/Goteborg e se ciñen a unha persoal visión do black metal amarrado na antiga tradición do estilo, extremadamente boreal, opresivo e desafiante. Potencia e atmósferas a base de riffs de xeo negro.

https://neigemorte.bandcamp.com/

EUGLENA son de San Petersburgo e son referencia na súa terra dentro dos mundos da música extrema despois de xirar por medio mundo. Hardcore metalizado con casquería grind, cambios de ritmo desvertebrantes e incribles picos de intensidade continuada.

https://euglenaband.bandcamp.com/

Abrimos portas ás 20.00 e os concertos comezarán entre as 20.30 e as 21.00
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Concurso

Encuentra los eventos de