Domingo, 15 Septiembre 2019

Conciertos en Pontevedra

Korrontzi

0 votos
Korrontzi
Korrontzi

Auditorio do Concello

Plaza del Rey, S/N 36202 - Vigo

Web oficial
16 de Diciembre de 2017
12 euros
Horario: 20:30

Un dos grupos máis destacados do folc vasco, Korrontzi, ofrece un concerto único en Galicia o vindeiro sábado 16 de decembro no Auditorio Municipal de Vigo ás 20.30 horas. Ademais dos catro músicos, participarán tamén dous bailaríns e un convidado moi especial, o gaiteiro galego Óscar Ibáñez.

Este grupo foi fundado en 2004 por Agus Barandiaran, o trikitilari da banda (intérprete da trikitixa, acordeón diatónico vasco). A súa intención era darlle aos sons ancentrais e tradicionais vascos un aspecto contemporáneo, pero sempre dentro do ámbito dunha música baseada na trikitixa e noutros instrumentos étnicos como a txalaparte ou a alboka, aínda que con técnicas modernas e co apoio de instrumentos como a mandolina, a guitarra, o baixo, o contrabaixo eléctrico e percusións.

Korrontzi leva seis álbumes publicados ao longo de 12 anos enriba dos escenarios. O último, 'Korrontzi Dantzan', foi publicado a finais de 2015, é un CD-DVD que recolle os seus sons dos últimos anos, numerosos músicos convidados e os mellores bailaríns do País Vasco.

Nestes anos, Korrontzi levou a súa cultura, lingua, danza e música por todo o mundo, tocando en países como Estados Unidos, Rumanía, Cabo Verde, Irlanda, Brasil, Malasia, Grecia, Italia ou Portugal. Foron galardoados con numerosos premios e mencións como os "World Music Charts 2014", "World Music Charts 2015" ou "Mellor Banda Europea" para Eurofolk.

Resumindo, trátase dunha banda que non deixa indiferente a ninguén. Coa súa forza e enerxía é quen de transmitir desde os sons de épocas antigas ás novas tendencias en folc.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

Together Pangea + Kings Of The Beach

Conciertos

Together Pangea + Kings Of The Beach

Lugar: La Iguana Club - Vigo

Fecha: 16 de Septiembre de 2019

A Federación de Bandas de Música [leer +]
Vigo, un mar de Bandas - Ciclo de verán 2019

Conciertos

Vigo, un mar de Bandas - Ciclo de verán 2019

Lugar: Concello de Vigo - Vigo

Fecha: del 29 de Junio al 29 de Septiembre de 2019

A Federación de Bandas de Música [leer +]
Encuentra los eventos de