Lunes, 16 Septiembre 2019

Conciertos en Pontevedra

Los nuestros: MARTÍN CÓDAX Y SU TIEMPO

0 votos
Los nuestros: MARTÍN CÓDAX Y SU TIEMPO
Los nuestros: MARTÍN CÓDAX Y SU TIEMPO

Museo Do Mar de Galicia

Av de la Atlántida, 160 36208 - Vigo

Teléfono: 986247750
Web oficial
25 de Febrero de 2018

O concerto contempla tamén unha homenaxe póstuma con motivo do fallecemento na nosa ciade do músico JOSÉ BARJA IGLESIAS, e consiste na súa segunda parte na estrea absoluta da súa obra AS SETE CANTIGAS DE MARTÍN CODAX realizada a propósito da chegada do "Vindel" a Vigo. Na primeira parte do concerto lembraremos a obra musical doutras voces senlleiras da lírica medieval galego-portuguesa tales como Mendinno, Johan de Cangas, D. Dinis e Alfonso X entre outros.

"OS NOSOS: MARTÍN CODAX e o seu tempo" / PRESENTACIÓN:
Co motivo da chegada do Pergamiño Vindel (depositado desde 1977 na Morgan Library & Museum de Nova York) a nosa cidade, ao territorio que serviu de inspiración para os seus versos, exíbese por vez primeira vez este valioso documento do século XIII de enorme relevancia e importancia para tódolos galegos e vigueses en especial.
Este "Tesouro en sete cantigas", título da exposición que o acolle no Museo do Mar de Galicia, en Vigo ata o próximo 4 de marzo de 2018, sírvenos de escusa para a realización deste concerto "Martín Codax e a súa época" que dentro do ciclo "OS NOSOS" pretende amosar unha visión actual ou en lectura contemporánea desta xoia da lírica medieval galego-portuguesa. Trátanse de varias armonizacións o arranxos efectuados por varios autores do século XX e XXI sobre as melodías orixinais que nos aportan diferentes visións deste valioso códice.

Cabe destacar especialmente a versión de cinco das sete cantigas que fixo JOSÉ BARJA IGLESIAS (1933-2017) e que supoñen unha estrea absoluta desta singular obra. As outras dúas, a IIª e VIIª interpretadas na primeira parte do concerto, corresponden o arquivo coral da SOCIEDAD CORAL VIGUESA, partituras de autor descoñecido e probablemente arranxadas na primeira metade do século XX.
No segundo bloque ecoitaremos, para voz e piano, da man de Beatriz Riobó e Alejo Amoedo a que foi a primeira transcrición das cantigas, asi como a primeira vez que se pon música a cantiga sexta, por parte do ilustre canónigo compostelán Santiago Tafall (1858-1930) en 1917.

Rematará o concerto con dúas CANTIGAS DE AMIGO. A primeira de D. Dinis en arranxo coral de ÁNGEL BARJA, nunha pausada versión modal no seu
tratamento casi litúrxico, en contraste con outra de MIGUEL CARNEIRO que en forma de danza se ofrece na primeira parte do concerto. A última das cantigas "QUEN PUIDERA NAMORALA" do poemario "CANTIGA NOVA QUE SE CHAMA
RIVEIRA" de Álvaro Cunqueiro (1933) coa inspiración herdada da poesía
medieval galego-portuguesa, nunha audaz recreación da nosa tradición
medieval.

Ao tratarse dun dos fitos culturais máis importantes dos acontecidos en Galicia nos últimos tempos, vémonos na obriga de darlle a trascendencia que merece, con especial agradecemento as persoas artífices de levar a bo fin esta exhibición histórica.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

Vigo, un mar de Bandas - Ciclo de verán 2019

Conciertos

Vigo, un mar de Bandas - Ciclo de verán 2019

Lugar: Concello de Vigo - Vigo

Fecha: del 29 de Junio al 29 de Septiembre de 2019

A Asociación de Corais Polifónicas [leer +]
Vigo, un mar de Corais - Ciclo de verán 2019

Conciertos

Vigo, un mar de Corais - Ciclo de verán 2019

Lugar: Concello de Vigo - Vigo

Fecha: del 29 de Junio al 29 de Septiembre de 2019

A Asociación de Corais Polifónicas [leer +]
Encuentra los eventos de