Conciertos en Pontevedra

De Piano - Festival da música e das artes Nas Ondas - Estefanía Cereijo Omil

0 votos
De Piano - Festival da música e das artes Nas Ondas - Estefanía Cereijo Omil
De Piano - Festival da música e das artes Nas Ondas - Estefanía Cereijo Omil

Conservatorio Superior de Música de Vigo

Calle de Manuel Olivie, 23 36203 - Vigo

Teléfono: 986 471144
Web oficial
24 de Abril de 2018
Horario: 20:00

Rematada no verán de 1804 e superando en extensión ás anteriores sonatas para piano de Beethoven, a Waldstein é, xunto coas sonatas Apassionatta
Op. 59 e Les Adieux Op. 81, unha das obras máis distinguidas da década "heroica" do compositor (1803-1812), e unha das tres sonatas
máis notables do seu periodo medio, convertíndose en exemplo compositivo para as xeracións vindeiras.
Dentro da segunda parte do recital, abre paso ao Romanticismo o terceiro Scherzo de Chopin. Completado en 1839, foi escrito no monasterio de Valldemossa, na illa balear de Mallorca. É quizais o máis irónico e ben construido dos catro scherzi, casi con aires beethovenianos.
Neste concerto interpretaranse dúas transcricións. Liszt escolleu escribir para piano un dos momentos máis dramáticos da obra maestra de Wagner, Tristán e Isolda. Atópase no final desta ópera cando Isolda chora polo seu amor, Tristán. Nesta transcrición Liszt foi bastante fiel á partitura orixinal, aínda que eliminou gran parte da música vocal, sendo notable sobre todo, no poderoso e apaixondo clímax final.
Nas Totentanz podemos observar a influencia do medieval dentro do estilo romántico. O tema, que será tratado en forma de variacións, é un canto gregoriano do Dies Irae que outros autores como Ligeti ou Bruckner tamén utilizarán nas súas composicións. Esta peza, orixinalmente para piano e orquestra e transcrita polo propio Liszt, é unha mostra perfecta da súa obsesión pola morte, con clímax case celestiais e outros momentos nos que parece que nos quere descender aos infernos.

Programa:
I parte, o Clasicismo
L. v. Beethoven (1770-1827)
Sonata Op. 53 núm. 21 en Do Maior, "Waldstein"
I. Allegro con brio
II. Introduzione. Adagio molto – attacca
III. Rondo. Allegretto moderato

II parte, o Romanticismo
Frédérick Chopin (1810-1841)
Scherzo Op. 35 n°3, Do# menor

Richard Wagner (1813-1883), arranxo para piano por Franz Liszt 1811-1886) Isoldens liebestod S.447 (Morte de Isolda), en Si Maior

Franz Liszt (1811-1886)
Totentanz, S.126 (Danza macabra), paráfrase sobre Dies Irae, en re menor (versión para piano só).
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

Letras Galegas 2018 | Orquesta Clásica de Vigo

Conciertos

Letras Galegas 2018 | Orquesta Clásica de Vigo

Lugar: Auditorio Municipal de Vigo - Vigo

Fecha: 17 de Mayo de 2018

Aterriza desde Granada directamente [leer +]
Dellafuente + Kaixo + Abelo Valis

Conciertos

Dellafuente + Kaixo + Abelo Valis

Lugar: Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo - Vigo

Fecha: 20 de Abril de 2018

Aterriza desde Granada directamente [leer +]

Agenda de hoy

O canteiro de Sebil

O canteiro de Sebil

Local Social Faísca de Vigo

Dania Diva

Dania Diva

Jukebox Vigo

Velma Powell

Velma Powell

Sala Rouge

Tati's Joplin

Tati's Joplin

Galo Do Vento

Cintaadhesiva

Cintaadhesiva

Sala Magnética

Monitor/a de actividades de Tiempo Libre

Monitor/a de actividades de Tiempo Libre

Aula Universitaria de la UNED en Portas

Rafael Alonso

Rafael Alonso

Galería Soho de Vigo

Prev
Next
Encuentra los eventos de