Miércoles, 30 Septiembre 2020

Conciertos en Pontevedra

Real Filharmonía de Galicia e o Cuarteto Quiroga

0 votos
Real Filharmonía de Galicia e o Cuarteto Quiroga
Real Filharmonía de Galicia e o Cuarteto Quiroga

Centro Cultural Afundación

Calle de Policarpo Sanz, 24 36202 - Vigo

Teléfono: 986 447 369
Web oficial
14 de Febrero de 2020
6,30 € https://entradas.ataquilla.com/ventaentradas/es/musica-clasica/teatro-afundacion-vigo/11152--real-filharmonia-de-galicia-14-02.html
Horario: 20:00

A Real Filharmonía de Galicia xunto ao Cuarteto Quiroga serán os responsables de dar comezo a unha nova Tempada de Música Clasica de Afundación, a Obra Social de ABANCA, xunto á Sociedad Filarmónica de Vigo. Ofrecerán un concerto o vindeiro 14 de febreiro, ás 20.00 h, no Teatro Afundación de Vigo. Baixo a batuta de Paul Daniel interpretarán Masquerade, de Anna Clyne, Absolute Jest, de John Adams, e a Sinfonía nº 2 en re maior de L.V. Beethoven.

O CUARTETO QUIROGA
Naceu coa vontade de render homenaxe ao gran violinista galego Manuel Quiroga, un dos instrumentistas máis importantes da nosa historia musical, e hoxe en día está considerado un dos grupos máis singulares e activos da nova xeración europea, internacionalmente recoñecido entre crítica e público pola forte personalidade do seu carácter como grupo e polas súas interpretacións audaces e renovadoras. Recibiron o Premio Nacional de Música en 2018, é o cuarteto residente no Museo Cerralbo de
Madrid e responsable durante anos da Colección Palatina de Stradivarius decorados do Palacio Real.

A REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
A Real Filharmonía de Galicia iniciou a súa actividade en 1996 no Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela, onde presenta a súa tempada estable de concertos. Ademais do mestre compostelán Maximino Zumalave, director asociado e vinculado á RFG desde o seu inicio, e de Christoph König, principal director invitado, tamén dirixen a orquestra outros directores como Frans Brüggen, Juanjo Mena, David Afkham ou
Hansjorg Schellenberger, entre outros. Do mesmo xeito xunto á RFG actuaron os mellores intérpretes, por exemplo Frank Peter Zimmermann, Daniel Hope ou Vadim Repin (violín), Natalia Gutman, Lluís Claret ou Enrico Dindo (violoncello), Joaquín Achúcarro, Rudolf Buchbinder ou Eldar Nebolsin (piano) e cantantes como Teresa Berganza, Thomas Quatshoff ou Matthias Goerne.

Como actividade externa, a presenza nas cidades galegas, así como no resto de España, é de capital importancia, do mesmo xeito que as xiras internacionais que realizou (Austria, Alemaña, Francia, Brasil, Arxentina e, especialmente, Portugal).
Paralelamente, a vocación pedagóxica da RFG tradúcese en actividades dirixidas aos futuros profesionais da música, a través da Escola de Altos Estudos Musicais, que imparte o Curso Avanzado de Especialización Orquestral, cos músicos da RFG como profesores. Tamén organiza concertos didácticos para nenos co Auditorio de Galicia, o que posibilita que cada ano ao redor de sete mil escolares poidan coñecer mellor a música sinfónica. A RFG está xestionada administrativamente polo Consorcio de
Santiago e forma parte da Asociación Española de Orquestras Sinfónicas (AEOS).
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

David Regueiro Trío - Presentación novo disco Areal

Conciertos

David Regueiro Trío - Presentación novo disco Areal

Lugar: La Pecera - Vigo

Fecha: 2 de Octubre de 2020

Pancho Varona vuelve con su gira [leer +]
Pancho Varona - Ruta 52  (SUSPENDIDO)

Conciertos

Pancho Varona - Ruta 52 (SUSPENDIDO)

Lugar: Cine Teatro Salesianos - Vigo

Fecha: 16 de Octubre de 2020

Pancho Varona vuelve con su gira [leer +]

LA MEJOR INFORMACIÓN, CERCA DE TI


Disfruta desde tu ordenador o tu móvil de más de un centenar de retos como crucigramas o sudokus

Encuentra los eventos de