Lunes, 21 Octubre 2019

Conciertos en Pontevedra

Xoel López | Festas San Roque 2019

0 votos
Xoel López | Festas San Roque 2019
Xoel López | Festas San Roque 2019

Parque da Xunqueira, s/n 36600 - Vilagarcía de Arousa

Web oficial
21 de Agosto de 2019
Horario: 23:00

| Concerto de balde no Parque da Xunqueira, o día 21 de agosto, dentro da semana das Festas de San Roque.

| | Nado na Coruña en 1977, Xoel López - Página Oficial é un dos artistas máis representativos e influíntes da nova canción española. Aínda que sempre se moveu entre os sons do pop-rock alternativo e o folk clásico, defínese como un artista libre.

Xoel López douse a coñecer e triunfou con "Deluxe", formación coa que tivo unha fructigera carreira desenvolvida entre o ano 2001 e 2009 con éxitos tan soados e cantados como "Que no". Ese último ano inicia un proxecto en solitario e da o salto ao Continente Americano. Froito desa experiencia inicia unha nova etapa gravando en 2012 o seu primeiro disco como Xoel López, "Atlántico", polo que foi o gran vencedor da Gala dos V Premios de la Música Independente celebrada en xuño de 2013 en Madrid, na que Xoel se fixo con dous dos principais galardóns: Mellor Álbum de autor e Mellor Artista Nacional, categoría á que se presentaran preto de 400 propostas.

En 2015 chega o segundo traballo discográfico "Paramales" e en 2017 o terceiro e, ata o de agora, o último, "Sueños y Pan". Os temas deste disco serán os que Xoel López e a súa banda presentarán no concerto do 21 de agosto en Vilagarcía, no que tamén haberá espazo para repasar outros grandes éxitos da súa carreira profesional, como "Buenos Aires", "Tierra" ou "El Cielo de Madrid", entre outros.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Encuentra los eventos de