Lunes, 16 Julio 2018

Cursos y Seminarios en Pontevedra

III Aula Internacional de Saxofón

0 votos
III Aula Internacional de Saxofón
III Aula Internacional de Saxofón

Concello de Tui

Praza do Concello, 1 36700 - Tui

Web oficial
del 11 al 13 de Julio de 2018

No concerto inaugural, a cargo dos profesores, realizarase a estrea absoluta de "Antecamara" de Carlos Acevedo e a estrea en España de tres pezas de Fujikura, Andrikopoulos e Cote

Unha vintena de persoas participarán dende mañá na III Aula Aberta de Saxofón organizada polo Conservatorio Profesional de Música de Tui, que se vai celebrar neste centro de estudos musicais até o venres. Esta actividade está organizada polo Conservatorio Profesional de Música de Tui e a Asociación Frai Rosendo Salvado co patrocinio do Concello de Tui. Impártese na especialidade de saxofón, e incorpora este ano análise e improvisación e jazz.

Máis aló da actividade formativa esta III Aula Internacional ofrece tamén dous concertos dirixidos ao público en xeral. O primeiro será o de inauguración mañá mércores, 11 de xullo, ás 20.30h na igrexa de San Domingos. Correrá a cargo dos profesores Rafael Yebra, Fernando Ramos, Xosé Miguélez, Jeffery Davis e Wilfried Wilde. No mesmo realizarase a estrea absoluta da obra "Antecamara" de Carlos Acevedo e a estrea en España de tres composicións "Sakana" de Dai Fujikura, "Apneia" de Dimitris Andrikopoulos e "Ulterior Motives" de Andrew Cote.

Mentres este venres, 13 de xullo, ás 20.30h, na sala de audicións do CMUS Profesional de Tui celebrarase o concerto de clausura a cargo os alumnos participantes nesta Aula Internacional de Saxofón.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Galicia en Vinos

Galicia en Vinos

Encuentra los eventos de