Martes, 16 Julio 2019

Espectáculos en Pontevedra

Galicia, territorio musical

0 votos
Galicia, territorio musical
Galicia, territorio musical

Aturuxo Bar

Calle de Pazos Fontenla, 59 36939 - Bueu

Teléfono: 986 322569
Web oficial
20 de Junio de 2019
Horario: 17:00

Organizan: Deputación de Pontevedra, Músicas ao Vivo e Premios da Música Martín Códax

Galicia vive un gran momento musical que se traduce nun bo número de propostas artísticas que están logrando facerse escoitar fóra do noso país; uns premios da música que levan xa seis edicións dando visibilidade a centos de proxectos; e festivais de gran calidade que ofrecen un valor diferencial ligado ao territorio. O talento que atesoura este sector é innegable, pero as cuestións que se plantexan arredor do feito musical son moitas e complexas: a sostibilidade dos festivais, a supervivencia das salas, a diversidade e a igualdade nas programacións, os atrancos administrativos e lexislativos, o cambio de paradigma global cando se plantexa unha carreira musical… Sobre todos estes temas falaremos o próximo xoves 20, na Sala Aturuxo, en sesión de tarde, para celebrar o #DíaDaMúsica2019, mentres gozamos dos concertos dalgúns dos proxectos premiados na última edición dos Premios Martín Códax da Música.

PROGRAMA
17:00 Concerto: Su Garrido Pombo. Premio Martín Códax da Música 2019 / Canción de Autora.
17:30 Workshop impartido pola Asociación de Músicas Ao Vivo: Sabes xestionar o teu proxecto musical? Como che afecta o cambio de paradigma na contratación; vantaxes das cooperativas de música; e futuras solucións para resolver os atrancos que plantexan o Estatuto do Artista e a Lei de Espectáculos.
19:00 Palestra: Galicia: estratexias dun territorio musical periférico e singular nun mundo global.
Rosa Salgado. Responsable de produción e management en Miraxe S. Coop Galega.
Miguel de la Cierva. Programador da Sala El Náutico de O Grove.
Jordi Lorenzo. Director do Festival SonRías Baixas.
Su Garrido Pombo. Premio Martín Códax da Música 2019 / Canción de Autora.
Alejandro Guillán 'Baiuca'. Premio Martín Códax da Música 2019 / Electrónica.
20:30 Concerto: Tanxugueiras. Premio Martín Códax da Música 2019 / Tradicional e Folque.
21:00 Concerto: Baiuca. Premio Martín Códax da Música 2019 / Electrónica.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Encuentra los eventos de