Sábado, 23 Junio 2018

Espectáculos en Pontevedra

Lula Romero no Festival Vertixe Sonora

0 votos
Lula Romero no Festival Vertixe Sonora
Lula Romero no Festival Vertixe Sonora

Pazo da Cultura

Alexandre Bóveda, s/n 36005 - Pontevedra

Teléfono: 986 83 30 61
Web oficial
22 de Octubre de 2017
Horario: 20:30

Presenta Die Wanderung o domingo 22 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra ás 20:30h

Lula Romero é unhas compositoras españolas novas con maior proxección internacional. Chega ao 5º Festival Vertixe Sonora de Creación Musical Contemporánea no marco do programa Eleusis de visibilización de mulleres compositoras e artistas sonoras. Ademais dos encontros que mantivo co alumnado da Facultade de Belas Artes durante esta semana, Romero presentará o seu último traballo Die Wanderung, proxecto galardoado co Kompositionsstipendium 2015 do Departamento de Cultura da cidade de Berlin, que estrea seis novas obras escritas para Vertixe Sonora. O concerto, o domingo 22 ás 20:30h na sala de exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra.



Die Wanderung, 2016-17 para 5 instrumentos e electrónica (Kompositionsstipendium 2015 polo Departamento de Cultura da cidade de Berlín) é un ciclo de seis pezas nas que se explora o espazo como un compoñente, un parámetro máis do material sonoro. Nas tres primeiras pezas (os sós de acordeón, saxofón tenor e chelo, con electrónica en vivo) cada músico propón un material que será "lido" e analizado en tempo real pola electrónica que desenvolve, simultaneamente, un dobre do son instrumental. No segundo set (os sós de frauta e arpa e a obra final do conxunto ao completo), os instrumentistas escoitan a través de auriculares as transformacións electrónicas das tres primeiras obras e as reinterpretan.



En Die Wanderung (vagabundaxe, migración), Lula Romero proponnos un diálogo continuo de interpretacións entre partitura, intérpretes e electrónica en vivo, onde o "real" non existe senón que é creado a medida que se interpreta e reinterpreta, desenvolvendo un complexo armazón no que material, estrutura e obra elabóranse e modificánse continuamente.



Lula Romero é titulada Superior de Composición, Profesional de piano, licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Sevilla e obtén o seu Mestrado en Composición no Royal Conservatoire da Haia. Actualmente cursa os seus estudos de Doutoramento artístico en Composición na Doktoratsschule der Kunstuniversität Graz, Austria. No seu traballo explora o fenómeno do espazo en relación coas categorías de material sonoro e estrutura en relación con teorías e prácticas feministas e de igualdade social. Romero recibiu, entre outros premios, o GIGA-HERTZ Production prize 2014 do ZKM e EXPERIMENTALSTUDIO da SWR, o Kompositionsstipendium 2015 e 2012 do Senado de Berlin, o Berlin-Rheinsberger Kompositionspreis 2011, e a residencia de traballo no Deutsches Studienzentrum Venedig (Venicia) 2017 do Goberno Alemán.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

San Xoán Mutante

Espectáculos

San Xoán Mutante

Lugar: Liceo Mutante - Pontevedra

Fecha: 23 de Junio de 2018

Galicia en Vinos

Galicia en Vinos

Encuentra los eventos de