Lunes, 20 Mayo 2019

Espectáculos en Pontevedra

Presentación de Im-Pulsos Creativos

0 votos
Presentación de Im-Pulsos Creativos
Presentación de Im-Pulsos Creativos

Liceo Mutante

C/ Rosalía de Castro, 100 36002 - Pontevedra

Web oficial
26 de Abril de 2019
Gratuito
Horario: 20:30

O venres 26 de abril temos algo moi especial!

Im-Pulsos Creativos trata sobre a experiencia á hora de levar a cabo proxectos culturais de forma independente a través de once relatos onde se nos amosan distintas perspectivas e formas que ten a xestión e a creación artística e cultural en ámbitos que flúen ao marxe das institucións.

Lucía Romaní e Arantxa Pérez Indaverea, as súas creadoras, dan voz nesta publicación a unha realidade moi presente na actualidade pero que existe silenciada. Tratan fundamentalmente os aspectos teóricos e dan lugar a unha reflexión sobre a forma de evolución que teñen este tipo de proxectos que poden definirse coma "Canles alternativas de creación contemporánea", que é precisamente o subtítulo deste volume.

Contaremos con elas ese día para a presentación, na que terán tamén participación Javier Tudela, profesor na Facultade de Belas Artes da UVigo, Xose Lois García, representando ao Liceo Mutante e mais a Roberto Abuín, de Axóuxere Editora.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Encuentra los eventos de