Martes, 17 Septiembre 2019

Espectáculos en Pontevedra

VIII Aniversario do Liceo Mutante - 24 de agosto

0 votos
VIII Aniversario do Liceo Mutante - 24 de agosto
VIII Aniversario do Liceo Mutante - 24 de agosto

Liceo Mutante

C/ Rosalía de Castro, 100 36002 - Pontevedra

Web oficial
24 de Agosto de 2019
Teremos dispoñibles os seguintes donativos: Venres: 8 € Sábado: 10 € Abono para os dous días: 15 € Como sabedes o aforo do Liceo é limitado polo que se queredes asegurarvos de celebrar o aniversario con nós podedes mandar un mail a anticipadas.liceomutante@gmail.com e reservar as vosas entradas. Só é posible un máximo de 4 persoas por mail. As reservas terán que facerse efectivas nos propios días do aniversario antes da hora que vos especifiquemos no mail de confirmació

Despois de oito anos e chorrocientos eventos, o Liceo Mutante segue en pé e máis forte que nunca e iso hai que celebralo, sendo a fin de semana do 23 e 24 a elexida para unha programación especial que esperemos que os flipe tanto coma a nós.

SÁBADO 24

Las Morsas: Gústanvos os grupos serios, ultratécnicos, autoritarios, ambiciosos, conceptuais, épicos, profesionais, compactos, contundentes, sen fisuras…? A nós tampouco. Veñen LAS MORSAS desde Madrid a falarnos dos seus conflictos cotidianos e opinións político-filosóficas a berrido limpio. Punk primixenio e esencial caendo polas escaleiras.

Rata Negra: punkazo melódico e escuro, onda Wipers, Lost Sounds, KGB, TNT… Peñita de Juanita y Los Feos e LA URSS soltando rollo pesimista existencial en estribillos que nos fan voar, velaí a maxia do puto punx. Vén cantar con elas e fica dorada FOREVER.

Sudor: PONK. Receita orixinal. O de toda a vida. Desde Toledo. Volve a casa. Clasicismo do esputo. Columnas dóricas de acople e capiteis de rifs de tres quintas. Alienación universal. Mínimo común múltiplo. Máximo Común Divisor. MCD, era, non? PENK.

KLS: Perennemente no top 5 de mellores bandas powerviolence de Benicarló. Pensa no que consideres que é "trallita" e logo tíralle unha tostadora a ese pensamento na bañeira, mentres se está a dar un baño escoitando a Kenny G. Na súa última visita á nosa casa, unha porcentaxe do grupo tivo que ser levada a urxencias con risco de amputación. Traede á familia.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Encuentra los eventos de