Viernes, 18 Octubre 2019

Espectáculos en Pontevedra

MusicLAB: o escenario morreu, longa vida á escena

0 votos
MusicLAB: o escenario morreu, longa vida á escena
MusicLAB: o escenario morreu, longa vida á escena

Sala X

Rúa Maestranza, 2 36002 - Pontevedra

Web oficial
del 18 al 21 de Septiembre de 2019

Pont-Up Store presenta:
O ESCENARIO MORREU. LONGA VIDA Á ESCENA!

MUSICLAB: Tendencias e innovacións nos escenarios. Da creación sonora á creación audiovisual en tempo real.

>Pont Up Store 2019
>Pontevedra
>18-19-20-21 setembro

SALA X
FAC. BELAS ARTES

Inscrición gratuita:
https://forms.gle/6LYQ5MYjKXtDJ48s5
http://localdemusica.gal/nova/pont-up-store-music-lab-18-19-20-21-setembro

Dirixido a persoas interesadas na escenografía e o futuro da industria musical.

Programa:

#workinprogress
>MUSIC LAB: Laboratorio creativo con Roi Fernández/SRPAUSE
http://www.srpause.com
http://www.instagram.com/srpause

>18-19-20 setembro. 10:00-14:00/16:00-19:00

Neste laboratorio creativo faremos una inmersión en procesos de creación audiovisual en tempo real vencellados a propostas musicais e sonoras.
Traballaremos na creación de propostas interactivas da man de profesionais e artistas.
Faremos equipos de traballo para a creación de prototipos que exploren a escenografía que ven.
#ableton #resolume #videomapping #maxforlive #interactivearts



#thinkwall
>DEBATER: Tendencias e innovacións nos escenarios.
Como están as cousas na escenografía e cara onde van. Os avances, os discursos e as novidades no sector.

>18 setembro. 19:00-20:30
SALA X | FAC. BELAS ARTES

Reflexionaremos sobre o que deberiamos ter en conta as persoas que traballamos na xestión e no deseño cultural.


#mostrar
Showroom: Crearemos unha instalación coas propostas xeradas no LAB que se mostrará durante o PONT-UP STORE.

>20-21 setembro.
Horario pont-up store

Inscrición: https://forms.gle/6LYQ5MYjKXtDJ48s5
http://localdemusica.gal/nova/pont-up-store-music-lab-18-19-20-21-setembro

Organiza:
XENEME innovación social e Local de música de Pontevedra.
Asesoramento pedagóxico: Oswaldo García Crespo. UVigo.

#oimpulsadaxentevalente
Emprender
Pont Up Store 2019 | Pontevedra | 18-19-20-21 setembro
pontupstore.com


MUSIC LAB:
ROI FERNÁNDEZ
http://www.srpause.com
http://www.instagram.com/srpause

Roi Fernández (A Coruña, 1979) discorre nas formas transmedia de narración audiovisual, escénica, gráfica e de acción desde 2001. Licenciado en Belas Artes, posúe en máster en Dirección Cinematográfica pola City College of New York cunha bolsa Barrie de la Maza, e outro de Sistemas Interactivos pola MECAD/ ESDI de Barcelona, e interpretación en ESAD (Escola Superior de Arte dramática de Galicia) e como artista bolseiro na KHM de Colonia (Alemaña).​

Expoñente da videocreación e arte de acción en Galicia, do cinema, a performance, ao vivo Cinema, motion graphics, videomapping, animación e formas polipoéticas.

Como director audiovisual e creador multimedia dirixe pezas multipremiadas como a curtametraxe "Calquera Infinito Posible" protagonizado por Celso Bugallo, e premiada no festival de cans ( GZ), CityVisions ( NY) e Tessalonika (Grecia); o documental transcénico " BALOR", ou o proxecto de vídeo inmersivo " ZUGUNRUHE".

Foi alumno tutorizado de prestixiosos artistas como Chantal Akerman (CCNY), e colaborado con artistas internacionais como Huan Zhang ou Alberto García- Alix. Tamén colaborou como debuxante con axencias de publicidade, como a prestixiosa Berlín Cameron de New York.

Na arte de acción presentou performances no CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea), Festival Chámalle X, Fundación Luís Seoane, Fundación Granell, ou Museo MARCO de Vigo, entre outros.

É o responsable de creación multimedia e audiovisual para a súa compañía escénica ArtesaCía, creando videomappings e contidos de vídeo interactico 360º.

Ademais crea escenografías multimedia e videocreación para Centro Dramático Galego, Teatro Meridional, Premios da Cultura Galega (Xunta de Galicia), etc.

No 2003 co-funda o colectivo artístico Alg-a. org, do que foi presidente e impulsor do proxecto Alg-a Lab (centro de creación e residencia artística); no 2013 funda e codirige Extramuros (www.espazoextramuros.org), un espazo de colisións artísticas multidisciplinares. É a sede de ArtesaCía e o estudo multimedia SrPause Cinescapismo.

A súa obra foi presentada e premiada en España, Alemaña (KHM) , UK (Kingston Gallery), Italia, China ( Expo Mundial 2010), EEUU, Colombia (Festival Iberoamericano Sistemas interactivos de Manizales), Arxentina...

Inscrición: https://forms.gle/6LYQ5MYjKXtDJ48s5
http://localdemusica.gal/nova/pont-up-store-music-lab-18-19-20-21-setembro
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

Magna en tu bar

Espectáculos

Magna en tu bar

Lugar: Concello de Pontevedra - Pontevedra

Fecha: 18 de Octubre de 2019

Agenda de hoy

Magna en tu bar

Magna en tu bar

Concello de Pontevedra

IX Encontro Nacional de Mulleres - Panxón 2019

IX Encontro Nacional de Mulleres - Panxón 2019

Residencia Tiempo Libre Panxón

Taller de Yoga Nidra

Taller de Yoga Nidra

CYGOM Centro Médico

Concha de las Rosa - Instantes

Concha de las Rosa - Instantes

Sala de Fotografía Sargadelos de Vigo

Curso de informática de xestión

Curso de informática de xestión

Centro Veciñal e Cultural de Valladares

Curso de lingua e cultura castelán

Curso de lingua e cultura castelán

Centro Veciñal e Cultural de Valladares

Prev
Next
Encuentra los eventos de