Domingo, 9 Diciembre 2018

Espectáculos en Pontevedra

7° Festival Rey Rivero - 6 decembro

0 votos
7° Festival Rey Rivero - 6 decembro
7° Festival Rey Rivero - 6 decembro

Auditorio Palacio de Congresos Mar de Vigo

Avenida de Beiramar, 59 36202 - Vigo

Teléfono: 986 137 940
Web oficial
6 de Diciembre de 2018
Gratuito
Horario: 18:00

Celebramos a SÉTIMA edición do FESTIVAL REY RIVERO, festival coral no que participan as corais de Vigo pertencentes a ACOPOVI e que quere lembrar a memoria do mestre D. Francisco Rey Rivero e tamén ao mesmo tempo espallar a súa produción compositiva que abrangue dende habaneras, cancións galegas, panxoliñas e unha multitude de adaptacións e arranxos para coro de cancións tanto populares coma de todos os tempos. Por todo iso cremos que este Festival é de suma importancia para a memoria dunha persoa que tanto adicou na súa vida a Vigo e ás súas corais polifónicas.

D. Francisco Antonio Rey Rivero conta con numerosos premios e títulos no seu haber.
Naceu en Vilanova de Arousa e pronto o levaron a Buenos Aires. Alí fixo a carreira musical na que obtivo Premio Extraordinario e foi distinguido coa Medalla ao mérito de Fin de Carreira no Conservatorio Fracasi daquel país. En España completou a súa formación musical asistindo a cursos de dirección coral en Barcelona e en Loyola.

A súa vida profesional estivo totalmente vencellada a Vigo. Así, durante máis de trinta anos dirixiu a Coral Polifónica Casablanca, coa que obtivo éxitos clamorosos en España e por Europa; gañou primeiros premios e medallas de ouro en Portugal, Lorient e Bruxelas e o Premio Nacional de Polifonía en Torrevieja. Foi fundador da coral do Real Club Náutico e de URECA.

Tanta dedicación foi avalada con premios como "Vigués Distinguido", "Patrón da Fundación Calaouste Gulbenkian" de Lisboa, "Medalla de Ouro da Real Academia Galega de Belas Artes", "Socio de Honra e Medalla de Ouro do Círculo Mercantil de Vigo", "Confrade de Honra da Confraría Penitencial do Santísimo Cristo" e Premio ACOPOVI.
Francisco Antonio Rey Rivero foi un compositor que achegou moitísimo á polifonía, sobre todo galega. As súas obras forman parte do repertorio de todas as corais.
Habaneras, música tradicional galega e panxoliñas fixeron e fan a delicia de quen as canta e de quen as escoita.
A súa música, aparentemente sinxela, pero moi inspirada e profunda, escrita con gran sensibilidade, mostra a grandeza e a categoría dun mestre que fixo fácil o difícil.
Compoñer é expresar sentimentos, e co pouso da súa longa vida resultou
extraordinario. Chegou a captar o espírito, a esencia da música e da propia vida só alcanzables a persoas con talento, sensibilidade e gusto e, mais con moito traballo, esforzo e tenacidade.

Coral Polifónica O Coto de Carballal

Dir.: D. Javier Alonso Pérez
Unha noite non é nada ............................. Arr.: Ángel Viro
Parranda. Popular canaria ......................... Arr.: Rey Rivero
Por entre as silveiras ............................... Panxoliña pop.

Coral Polifónica Perla do Atlántico de Alcabre
Dir.: Da. Marisa González Monroy
En la nochebuena ................................... J. A. Oliver
Zamba de mi esperanza .............................. Luis H. Morales
Perla antillana .................................... F.A. Rey Rivero

Coral Polifónica Val do Fragoso
Dir.: D. José Ángel Rey Piñeiro
Senhora do almurtão ................................ Sampayo Ribeiro
Si la nieve resbala ................................ Julio Domínguez
Dúas Cantigas de namorada ........... Martín Códax. Arr.: Rey Rivero

Coral Polifónica de Teis
Dir.: D. Eladio Bargiela Durán
Te vas ......................... E. Bargiela Durán
Voz de Mar de Vigo ............. Homenaxe a Acopovi. E. Bargiela Durán
A orillas del viejo Ebro ........ F. Rey Rivero

Coral Polifónica do CSCR de Beade
Dir.: D. Julio Vázquez Martínez
Dicen que se muere el mar ...................... Madurga Oteiza
Flor tropical .................................. Rey Rivero
Da rosa rosiña ................................. Julio Domínguez

Coral Polifónica da AVCR San Mamede de Zamáns
Dir.: D. Enrique Lorenzo Vila
¡Oh, luna! ................................... Anónimo / Rey Rivero
Lirio del Alba ............................... F. Rey Rivero
Viento del norte ............................. Hermanos Agüero

Coro Apóstol Santiago
Dir.: D. Rimas Zdanavicius
Pompa y Circunstancia ........................... E. Elgar
Nosa Señora da Guía ............................. F. Rey Rivero
Can't help falling in love ...................... E. Presley
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

Flor Non Blondes Dj.

Espectáculos

Flor Non Blondes Dj.

Lugar: La Fábrica de Chocolate - Vigo

Fecha: 15 de Diciembre de 2018

Víctor Manuel Casi nada [leer +]

En estas fiestas, sobran los motivos para beber elaboraciones de vino gallego. En 2018, Galicia firmó la segunda mejor cosecha de su historiay nuestras bodegas despiden el año con un buen balance en todos los sectores 

Encuentra los eventos de