Jueves, 18 Octubre 2018

Exposiciones en Pontevedra

VI Festival Vertixe Sonora - A exposición negra

0 votos
VI Festival Vertixe Sonora - A exposición negra
VI Festival Vertixe Sonora - A exposición negra

Auditorio Municipal de Cangas

Avenida De Lugo, 27 36940 - Cangas

Teléfono: 986 304 108 / 986 392 036
Web oficial
15 de Octubre de 2018
Horario: 12:30

Simone Santi Gubini, Paul Clift, Panayotis Kokoras

Simone Santi Gubini procúranos unha experiencia inmersiva total coa súa música para orquestra amplificada de nove instrumentos. Segunda das pezas na composición círculo evolución da obra de teatro musical para violoncello amplificado "E" (2016). En A exposición negra os instrumentos conforman un corpo musical enorme e vasto (de alta resistencia) provocado a través das escalas acústicas. O son como puro defecto instrumental é ambivalente, áspero, polvoriento, furiosamente profundo e sólido, como unha materia prima: materia grexa torchiata.

No contraste máximo de rexistros, o instrumento produce tons inestables e sons de "sobreexposición" para crear un novo tipo de movemento de paso. Todo o espazo do auditorio reconvertido no interior do instrumento musical. O público está inmerso no son do instrumento, na súa profundidade.

"En Sound Box(caixa de son) explórase a forma en que se produce o son instrumental e a forma en que o instrumento reacciona á acción do músico durante a interpretación. Trátase dun xogo no que a forma se desenvolve facendo sons e non reproducíndoos". A este divertimento convídanos o compositor grego Panayotis Kokoras na súa nova obra escrita especialmente para Vertixe Sonora co patrocinio de North Texas University.

A proposta a completa Inhabiting the vanishing de Paul Clift a segunda colaboración do compositor australiano con Vertixe Sonora despois do éxito do seu cuarteto The sea is not rising (2017)

programa

PAUL CLIFT Inhabiting the vanishing* para frauta, saxofón, violín, violonchelo, guitarra eléctrica, piano, percusión
PANAYOTIS KOKORAS Sound Box* para frauta , saxofón tenor, percusion piano, violín violoncello, contrabaixo e electrónica
SIMONE SANTI GUBINI A exposición negra para ensemble amplificado de nove instrumentos

*estrea mundial, encomenda de Vertixe Sonora

VERTIXE SONORA [intérpretes neste concerto]
Clara Saleiro frauta | Jorge López clarinete | Pablo Coello saxofón | Jesús Coello fagot | Rubén Barros guitarra eléctrica | Roberto Alonso, Mario Peris violín | Ailsa Lewin, Milagros García cello | Carlos Mendes contrabaixo | Diego Ventoso percusión |David Durán piano, teclado e interfaces
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Concurso

Encuentra los eventos de