Lunes, 16 Julio 2018

Exposiciones en Pontevedra

Metrópole. Perspectiva urbana da arte Galega / Xosé Manuel Castro. Pedra Filosofal

0 votos
Metrópole. Perspectiva urbana da arte Galega / Xosé Manuel Castro. Pedra Filosofal
Metrópole. Perspectiva urbana da arte Galega / Xosé Manuel Castro. Pedra Filosofal

Museo Contemporáneo de Vigo (MARCO)

R/ Príncipe, 54 36202 - Vigo

Web oficial
del 6 de Julio al 14 de Octubre de 2018
Horario: Martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00, domingos, de 11.00 a 14.30

METRÓPOLE. Perspectiva urbana da arte galega

O ciclo METRÓPOLE, comisariado por Rubén Martínez Alonso, nace cun dobre obxectivo: facer unha viaxe ao pasado, ao Vigo dos anos vinte, cando se estreou na cidade o filme de Fritz Lang Metropolis; e a un tempo ofrecer unha visión do panorama artístico galego actual. A proposta comprende unha serie de exposicións individuais, como visión do presente, e unha parte común a todas as mostras, como referencia do pasado.
O proxecto está concibido en dúas áreas claramente diferenciadas, tanto na montaxe como en contidos, distribuídas nos espazos do primeiro andar: por unha banda, a correspondente ao pasado, representada por unha sala na que, a partir da referencia ou homenaxe ao filme Metropolis, se procura recrear o ambiente do Vigo dos anos vinte mediante planos e imaxes de arquitectura vangardista, fotografías e documentos de época, xunto a mobiliario, obxectos, vestiario e pezas decorativas de estilo art déco. Por outra, a primeira mostra do ciclo, a individual de Xosé Manuel Castro que se exhibe nas salas frontais.

Respecto á parte histórica, as pezas reunidas teñen a súa orixe en fondos municipais -fotografías de Jaime Pacheco procedentes do Arquivo Fotográfico Pacheco; planos e alzados de edificios dos anos 30 e 40, e documentación do Plan Urbanístico de Antonio Palacios conservados no Arquivo Municipal do Concello de Vigo- e, en boa medida, en coleccións particulares, nomeadamente a galería ISADORA Art Déco, entidade prestadora de gran parte das pezas que ilustran esta corrente estilística.

XOSÉ MANUEL CASTRO. Pedra filosofal

XOSÉ MANUEL CASTRO é o protagonista da primeira exposición individual. Baixo o título Pedra filosofal, a mostra reúne máis de setenta esculturas de distintos formatos e materiais, na súa maioría procedentes da colección do artista, ademais dunha obra producida especificamente para este proxecto -na que Castro, formado na pontevedresa Escola de Canteiros, encara o reto da talla en madeira- que se exhibe en salas acompañada de fotografías a modo de documentación do seu proceso creativo.

INFORMACIÓN E VISITAS GUIADAS

O persoal de salas está dispoñible para calquera consulta ou información relativa á exposición, ademais das visitas guiadas habituais:

Todos os días ás 18.00
Visitas 'á carta' para grupos, previa cita nos tel. 986 113900 / 986 113904
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

ALT'11

Exposiciones

ALT'11 "La medusa parlante"

Lugar: AUDITORIO MUNICIPAL. - Vigo

Fecha: Todo el año

Comisariado: María Santoyo e Miguel [leer +]
Xulio Verne. Os límites da imaxinación

Exposiciones

Xulio Verne. Os límites da imaxinación

Lugar: Museo Contemporáneo de Vigo (MARCO) - Vigo

Fecha: del 19 de Abril al 16 de Septiembre de 2018

Comisariado: María Santoyo e Miguel [leer +]

Galicia en Vinos

Galicia en Vinos

Encuentra los eventos de