Domingo, 18 Noviembre 2018

Exposiciones en Pontevedra

Santiago Montes. Rara avis

0 votos
Santiago Montes. Rara avis
Santiago Montes. Rara avis

Museo Contemporáneo de Vigo (MARCO)

R/ Príncipe, 54 36202 - Vigo

Web oficial
del 26 de Octubre de 2018 al 3 de Febrero de 2019
Horario: De martes a sábados (festivos incluídos), de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 Domingos, de 11.00 a 14.30

METRÓPOLE. Persepctiva urbana da arte galega

O ciclo METRÓPOLE, comisariado por Rubén Martínez Alonso, naceu cun dobre obxectivo: facer unha viaxe ao pasado, ao Vigo dos anos vinte, cando se estreou na cidade o filme de Fritz Lang Metropolis; e a un tempo ofrecer unha visión do panorama artístico galego actual. A proposta comprende unha serie de exposicións individuais, como visión do presente, e unha parte común a todas as mostras, como referencia do pasado.

O proxecto está concibido en dúas áreas claramente diferenciadas, tanto na montaxe como en contidos, distribuídas nos espazos do primeiro andar: por unha banda, a correspondente ao pasado, representada por unhas salas nas que, a partir da referencia ou homenaxe ao filme Metropolis, se procura recrear o ambiente da cidade de Vigo nesas décadas iniciais do século XX, mediante planos e imaxes de arquitectura vangardista, fotografías e documentos de época, xunto a mobiliario, obxectos, vestiario e pezas decorativas de estilo art déco. Nesta segunda achega do ciclo, a parte xeral céntrase especialmente na fotografía histórica galega, con pezas procedentes na súa totalidade de coleccións particulares.

Por outra, as salas frontais do primeiro andar acolleron, entre os meses de xullo e outubro, a mostra de Xosé Manuel Castro como primeira proposta individual, que dá paso agora á segunda, con Santiago Montes como protagonista.

SANTIAGO MONTES. Rara avis

Baixo o título Rara avis, a individual de Santiago Montes reúne máis de corenta pinturas procedentes da colección do artista, ademais de varias obras producidas para este proxecto, nas que o artista encara o reto do gran formato, acompañadas de material audiovisual a modo de documentación.

Así pois, en liña cos obxectivos e características deste ciclo, a exposición inclúe catro pezas de nova produción -Abstracción (I-IV)- realizadas especificamente para esta mostra e para este lugar, co obxectivo de achegar ao público o proceso creativo, e de procurar unha contextualización da obra en función das características, dimensións, iluminación e posibilidades de deambulación no espazo.

MOSTRA BIBLIOGRÁFICA

'Fotografía histórica galega. O país como escenario'

Durante todo o período da exposición, a Biblioteca-Centro de documentación do MARCO acolle unha mostra bibliográfica con selección de publicacións de fotografía histórica cuxo escenario principal é Galicia. Ademais poderán consultarse os catálogos de exposicións anteriores no MARCO, nas que a fotografía histórica, cun carácter máis xeral, é eixe fundamental.

INFORMACIÓN E VISITAS GUIADAS

O persoal de salas está dispoñible para calquera consulta ou información relativa á exposición, ademais das visitas guiadas habituais:

Todos os días ás 18.00
Visitas 'á carta' para grupos, previa cita nos tel. 986 113900 / 986 113904
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

ALT'11

Exposiciones

ALT'11 "La medusa parlante"

Lugar: AUDITORIO MUNICIPAL. - Vigo

Fecha: Todo el año

Pantoque. m. Mar. Parte exterior [leer +]
Pantoque

Exposiciones

Pantoque

Lugar: Museo Contemporáneo de Vigo (MARCO) - Vigo

Fecha: del 16 de Noviembre de 2018 al 31 de Marzo de 2019

Pantoque. m. Mar. Parte exterior [leer +]

Concurso

Encuentra los eventos de