Martes, 16 Julio 2019

Exposiciones en Pontevedra

Xosé Luis Otero. Atlas de Soidade [Ciclo Metrópole. Perspectiva Urbana da Arte Galega]

0 votos
Xosé Luis Otero. Atlas de Soidade [Ciclo Metrópole. Perspectiva Urbana da Arte Galega]
Xosé Luis Otero. Atlas de Soidade [Ciclo Metrópole. Perspectiva Urbana da Arte Galega]

Museo Contemporáneo de Vigo (MARCO)

R/ Príncipe, 54 36202 - Vigo

Web oficial
del 14 de Junio al 15 de Septiembre de 2019
Horario: Martes a sábados (festivos incluidos) de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00, domingos, de 11.00 a 14.30

METRÓPOLE. Perspectiva urbana da arte galega

Coa mostra de Xosé Luís Otero, a serie de exposicións METRÓPOLE, comisariada por Rubén Martínez Alonso, chega á súa cuarta etapa. Este ciclo naceu cun dobre obxectivo: facer unha viaxe ao pasado, ao Vigo dos anos vinte, cando se estreou na cidade o filme de Fritz Lang Metropolis; e a un tempo ofrecer unha visión do panorama artístico galego actual. A proposta comprende unha serie de exposicións individuais, como visión do presente, e unha parte común a todas as mostras, como referencia do pasado.

O proxecto está concibido en dúas áreas claramente diferenciadas, tanto na montaxe coma en contidos, distribuídas nos espazos do primeiro andar. A correspondente ao pasado está representada por unhas salas nas que, a partir da referencia ou homenaxe ao filme Metropolis, se procura recrear o ambiente da cidade de Vigo nesas décadas iniciais do século XX, mediante planos e imaxes de arquitectura vangardista, fotografías e documentos de época, xunto a mobiliario, obxectos, vestiario e pezas decorativas de estilo art déco.

XOSÉ LUÍS OTERO. Atlas de soidade

A proposta de Xosé Luís Otero para a cuarta achega do ciclo METRÓPOLE. Perspectiva urbana da arte galega participa das dúas disciplinas clave na formación e posterior traxectoria do artista: a pictórica e a escultórica. Así, nas súas instalacións, a paisaxe, o xénero tradicional do que bota man na pintura protoabstracta dos seus comezos, vai cobrar unha nova dimensión, convertida xa en leitmotiv dun universo con dous polos: rural e urbano.

Cumprindo unha vez máis cos propósitos do ciclo METRÓPOLE, a exposición de Xosé Luís Otero inclúe unha selección de obras de nova produción baixo o título Atlas de soidade, pezas todas elas realizadas nos últimos meses especificamente para esta mostra e para este lugar, procurando así unha contextualización do conxunto en función das salas, dimensións, iluminación e posibilidades de deambulación no espazo, ao tempo que o material audiovisual achega ao público o proceso creativo.

A partir da seriación -método de traballo que a Otero lle permite explorar todas as posibilidades dunha mesma idea, sublimar esa proposta que contribúa a enriquecer, que engrandeza unha obra entendida como escolmado conxunto- o artista logra confeccionar o paisaxístico pano de fondo da súa propia traxectoria vital.

INFORMACIÓN E VISITAS GUIADAS

O persoal de salas está dispoñible para calquera consulta ou información relativa á exposición, ademais das visitas guiadas habituais:

Todos os días ás 18.00
Visitas 'á carta' para grupos, previa cita nos tel. 986 113900 / 986 113904
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

ALT'11

Exposiciones

ALT'11 "La medusa parlante"

Lugar: AUDITORIO MUNICIPAL. - Vigo

Fecha: Todo el año

A Universidade de Vigo organiza, [leer +]
Un, dous , tres, escondite inglés

Exposiciones

Un, dous , tres, escondite inglés

Lugar: Casa Galega De Cultura - Vigo

Fecha: del 31 de Mayo al 21 de Julio de 2019

A Universidade de Vigo organiza, [leer +]
Encuentra los eventos de