Jueves, 17 Octubre 2019

Exposiciones en Pontevedra

Jorge Martins. Sombras e Paradoxos

0 votos
Jorge Martins. Sombras e Paradoxos
Jorge Martins. Sombras e Paradoxos

Museo Contemporáneo de Vigo (MARCO)

R/ Príncipe, 54 36202 - Vigo

Web oficial
del 27 de Septiembre de 2019 al 5 de Enero de 2020

A partir do 27 de setembro, o MARCO retoma o seu programa expositivo coa inauguración de dúas mostras individuais -Jorge Martins e Eduardo Gruber- nas salas do primeiro andar. Ambas propostas teñen como fío condutor o debuxo e a obra sobre papel, a través de pezas e estéticas moi diferenciadas: o relato de Gruber ao carón da voz poética de Martins.

A exposición JORGE MARTINS. Sombras e paradoxos supón a grande presentación individual que se dedica no noso país a un dos nomes referenciais da plástica portuguesa do último século. Aos seus setenta e nove anos, e en plena actividade creadora, Jorge Martins (Lisboa, 1940), chegou a converterse nun referente interxeracional, profundamente respectado e alleo ao vaivén das modas. A este prestixio e á vixencia do seu traballo moito contribuíu a infatigable investigación de Martins en torno ao debuxo dende as primeiras exposicións; de feito, será cos seus debuxos cos que chegará, xa a finais da década dos setenta, ao Centro Georges Pompidou de París, onde se lle dedicou unha individual. Unha coidada selección dos seus debuxos -xunto aos seus cadernos de apuntamentos, que se amosan en primicia- compoñen esta nueva proposta expositiva do MARCO.

En palabras do comisario, Óscar Antonio Molina, "a exposición concéntrase nesa parte da súa abundante produción, onde a riqueza de rexistros é a nota predominante: dende a xeometría ao xesto expresivo; dende a orde matemática ao enunciado verbal en forma de escritura, letras ou anotacións; dende a silueta á mancha; dende a figuración ao monocromo... Para a mostra do MARCO decantámonos por unha ampla selección de obras en papel e cadernos de traballo, de todas as datas produtivas do artista, evitando dende o principio a idea convencional de retrospectiva, e rexeitando a organización cronolóxica do exposto, ou todo o que conduza a crear a impresión dun falso desenvolvemento lineal en tan longa traxectoria.

Sombras e Paradoxos propón tecer diversos eixes de lectura sobre o seu debuxo, que completan e actualizan a abundante fortuna crítica recibida polo artista ao longo da súa carreira. Así, analizaremos o debuxo como sismógrafo dos estados anímicos, do pulso "vital" e emocional do creador, para comprobar como se combina en boa parte do traballo cun rigor analítico e unha capacidade para a organización dos elementos que compoñen a imaxe no plano de representación moi notables. De igual modo, os aspectos performáticos derivados da execución dos grandes tamaños habituais no artista quen, para bordalos, con frecuencia ha de empregarse como o danzarín, con todo o corpo, terán o seu espazo propio no percorrido. A selección pon tamén de relevo os límites disciplinares do debuxo de Martins en relación coa pintura, a narrativa, a arquitectura, a escenografía e/ou os seus campos expandidos na actualidade. Neste sentido, cómpre salientar as relacións que unha parte do seu mundo gráfico estableceu con outros momentos decisivos da arte durante a modernidade tardía (expresionismo abstracto e informalismo, Abstracción postpictórica, Field Colour Painting, Supports-Surfacces...). Nesta brincadeira, paradoxal e case perversa revisión da tradición canónica tardomoderna retrátase outra asombrosa capacidade máis de Jorge Martins que a nosa exposición quere destacar. Finalmente, a capacidade do seu traballo gráfico para traducir o intanxible -que non inmaterial-, como a luz, o tempo, a linguaxe ou o espazo, ocupará un último apartado nesta análise. Ao respecto, a nosa intención é subliñar como unha das máis notables características na obra de Martins, a súa asombrosa capacidade para poñer en escena, dentro dos límites do papel, dimensións simbólicas, espirituais e metafísicas practicamente inmanexables fóra do plano da imaxe. O título da mostra, suxerido polo propio artista, apunta cara a esta dimensión un tanto insondable da arte dende o seu estadio nuclear: o debuxo."

Dous aspectos que cómpre salientar da exposición de Jorge Martins no MARCO son, por unha banda, a inclusión dos seus cadernos de apuntamentos, que se mostran en primicia, e nos que o artista anota pensamentos, bosquexos e ideas para debuxos e pinturas. Por outra, a presentación dunha publicación -un libro de artista co que o MARCO inicia unha colección- que recolle, por vez primeira, a súa obra literaria, precisa e poética ao mesmo tempo.

Tanto a exposición coma a publicación contan co patrocinio da Fundação Carmona e Costa, o Instituto Camões, e o MEIAC de Badaxoz, institucións coas que están previstas novas colaboracións para mostrar a obra de artistas de Portugal e Galicia en distintas sedes peninsulares.

Exposición bibliográfica / Documentación
Eduardo Gruber / Jorge Martins
27 setembro 2019 – 5 xaneiro 2020

A partir da inauguración da exposición, a Biblioteca-Centro de Documentación do MARCO presenta unha mostra bibliográfica e documental con selección de catálogos e publicacións de Eduardo Gruber e Jorge Martins. O dossier documental, que reúne enlaces a artigos, audios, vídeos, e outra información sobre os artistas, estará accesible para consulta no propio espazo ou dende a web do MARCO www.marcovigo.com nos apartados Biblioteca/Novas e Exposicións/Actuais.

Información e visitas guiadas

O persoal de salas está dispoñible para calquera consulta ou información relativa á exposición, ademais das visitas guiadas habituais:

Todos os días ás 18.00
Visitas 'á carta' para grupos, previa cita nos tel. 986 113900 / 986 113904

Visitas e obradoiros para escolares
Para grupos de educación Infantil, Secundaria, Bacharelato, e outros centros de formación.

Colabora: Obra Social "la Caixa"
A partir do 15 de outubro de 2019
Lugar: salas de exposición e Laboratorio das Artes (1º andar)
Horario: de martes a venres de 11.00 a 13.30 / Previa cita no tel. 986 113900/113904

Foto de portada: Jorge Martins. Coleccão, 2002. Acrílico e grafito sobre papel, 160 x 120 cm
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

ALT'11

Exposiciones

ALT'11 "La medusa parlante"

Lugar: AUDITORIO MUNICIPAL. - Vigo

Fecha: Todo el año

El 10 de octubre llega a la ciudad [leer +]
Proyecto Sonoro empeño

Exposiciones

Proyecto Sonoro empeño

Lugar: Centro Cultural Afundación - Vigo

Fecha: del 10 de Octubre de 2019 al 4 de Enero de 2020

El 10 de octubre llega a la ciudad [leer +]

Agenda de hoy

Magna en tu bar

Magna en tu bar

Concello de Pontevedra

IX Encontro Nacional de Mulleres - Panxón 2019

IX Encontro Nacional de Mulleres - Panxón 2019

Residencia Tiempo Libre Panxón

Taller de Yoga Nidra

Taller de Yoga Nidra

CYGOM Centro Médico

Concha de las Rosa - Instantes

Concha de las Rosa - Instantes

Sala de Fotografía Sargadelos de Vigo

Curso de informática de xestión

Curso de informática de xestión

Centro Veciñal e Cultural de Valladares

Curso de lingua e cultura castelán

Curso de lingua e cultura castelán

Centro Veciñal e Cultural de Valladares

Prev
Next
Encuentra los eventos de