Jueves, 9 Julio 2020

Exposiciones en Pontevedra

Manuel Colmeiro - Espazos e encadramentos (Cancelado)

0 votos
Manuel Colmeiro - Espazos e encadramentos
Manuel Colmeiro - Espazos e encadramentos

Museo Contemporáneo de Vigo (MARCO)

R/ Príncipe, 54 36202 - Vigo

Web oficial
del 24 de Enero al 24 de Mayo de 2020
Horario: De martes a sábados (festivos incluídos), de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 / Domingos, de 11.00 a 14.30

A finais do mes de xaneiro, o MARCO inaugura unha mostra de produción propia, comisariada por Xosé Carlos López Bernárdez, que ten como obxectivo ofrecer unha nova ollada sobre a obra dun dos pintores chave na historia da arte galega: Manuel Colmeiro.

Conformada por unha selección de obras procedentes do comodato e de diferentes coleccións, acompañadas de material documental, a mostra configúrase a partir dunha coidada investigación e relectura do sentido, obxectivos e incidencia da obra de Colmeiro. Unha visión diferente, máis contemporánea que historicista, que intenta achegar novas lecturas e enfoques. Farase especial fincapé na implicación do artista nos debates arredor da figuración na Europa e América dos anos vinte e trinta, os debuxos de guerra, e outros momentos menos coñecidos do seu traballo.

A exposición está deseñada como unha lectura, repasando a súa traxectoria dende os inicios da súa formación arxentina até o seu regreso definitivo a Galicia, e incidindo na súa relación cos espazos artísticos onde desenvolveu a súa obra: a Arxentina dos primeiros anos vinte; a Galicia anterior á Guerra Civil; o exilio e ligazón ao contexto artístico americano, novamente na Arxentina, entre 1937 e 1948; a súa inserción no París de posguerra e a súa estreita relación co medio cultural galego e español, dende os anos cincuenta.

Trátase, pois, dun achegamento á obra de Colmeiro que quere subliñar a súa contribución decisiva á formación do Movemento Renovador da Arte Galega, cunha pintura que parte do elemento popular para conformar unha nova percepción da realidade social e histórica galega. Para este obxectivo comparamos as súas obras coas doutros artistas galegos -Maside, Souto, Torres, Laxeiro, Virxilio Blanco- e con contextos "diverxentes" da modernidade internacional, nomeadamente arxentina.

O proxecto pretende amosar como a obra do noso pintor está marcada por unha vontade de creación dun constructo cultural alternativo ao dominante. Unha pintura que reforza o carácter identitario nunha sociedade (a galega) en que tomaba forma un discurso marcadamente autorreferencial, en tanto se descubrían as posibilidades dunha formulación identitaria dende a modernidade.

O realismo "moderno" de Colmeiro e do conxunto d'Os Novos, como se poderá percibir, foi a dirección dominante que adoptou a ideoloxía da vangarda en Galicia, cunha vontade de facer que a praxe artística se orientase pola dupla consigna crítica de identidade e de modernidade: reflectir a esencia do galego sen deixar de ser modernos.

Como os diferentes realismos xurdidos na Europa de entreguerras, o de Colmeiro e outros pintores galegos parte do recoñecemento de se sentiren herdeiros dunha tradición. Trátase dun patrimonio no que queren afondar ao procuraren nel os aspectos esenciais, o que implica a súa modernización mais de xeito ningún a súa destrución. Nisto coinciden con outros fenómenos artísticos desta altura como o dos pintores italianos do Novecento, a Neue Sachlichkeit (a "Nova Obxectividade" alemá) ou os "Novos Realismos" de América Latina (en contacto cos que vai transcorrer parte da traxectoria de Colmeiro na Arxentina), todos creadores que nestes anos ollan fixamente cara ás súas tradicións nacionais.

Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos fai, pois, fincapé nos contextos, nos diálogos con outros actores, na súa inserción dentro das correntes estéticas coas que convive o pintor e nos diferentes espazos xeográficos e culturais onde desenvolveu a súa longa traxectoria vital e artística.

Obra en portada (detalle):
Paisaxe, 1935
Óleo sobre lenzo
65,5 x 82 cm
Colección Familia Colmeiro

Obra en miniatura (detalle):
Bilbao, 1933
Acuarela sobre papel
34 x 47 cm
Colección Familia Colmeiro
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

ALT'11

Exposiciones

ALT'11 "La medusa parlante"

Lugar: AUDITORIO MUNICIPAL. - Vigo

Fecha: Todo el año

A obra de Yolanda Herranz e a exposición [leer +]
Somos Mujeres y estamos Aquí. Versión en vídeo da performance de Yolanda Herranz Pascual

Exposiciones

Somos Mujeres y estamos Aquí. Versión en vídeo da performance de Yolanda Herranz Pascual

Lugar: Museo Contemporáneo de Vigo (MARCO) - Vigo

Fecha: del 18 de Mayo al 20 de Septiembre de 2020

A obra de Yolanda Herranz e a exposición [leer +]

LA MEJOR INFORMACIÓN, CERCA DE TI


Disfruta desde tu ordenador o tu móvil de más de un centenar de retos como crucigramas o sudokus

Encuentra los eventos de