Miércoles, 5 Agosto 2020

Exposiciones en Pontevedra

Panorama de Galicia: Manuel Colmeiro. Galicia ten un pintor © Televisión Española en Galicia, 1999

0 votos
Panorama de Galicia: Manuel Colmeiro. Galicia ten un pintor © Televisión Española en Galicia, 1999
Panorama de Galicia: Manuel Colmeiro. Galicia ten un pintor © Televisión Española en Galicia, 1999

Museo Contemporáneo de Vigo (MARCO)

R/ Príncipe, 54 36202 - Vigo

Web oficial
del 1 de Mayo al 6 de Septiembre de 2020

CRTVE / TVE Galicia.

O MARCO presenta na súa web unha serie de entrevistas históricas ao artista Manuel Colmeiro, concibidas como actividade complementaria da exposición "MANUEL COLMEIRO. Espazos e encadramentos".

Procedente dos arquivos de TVE en Galicia, foi realizada en 1999 e está dispoñible a partir deste domingo 17 de maio, con motivo do Día das Letras Galegas.

Para visualizar a entrevista, preme aquí: https://youtu.be/qCZgEzmTHbM

CRTVE / TVE Galicia
Panorama de Galicia: "Manuel Colmeiro. Galicia ten un pintor", 1999
Entrevista a Colmeiro en San Fiz de Margaride (Silleda), acompañado da súa muller, Emilia González Colmeiro, e de Isaac Díaz Pardo
Guión: Manuel Pérez Bello
Imaxe: M. Midón, M. Villaverde.
Montaxe: M. Quintás. Presentado por: Paola Rodríguez.
Duración: 23' 20''
© Televisión Española en Galicia, 1999

Durante todo o período da exposición "Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos", está previsto un conxunto de actividades complementarias desta mostra, comisariada por Xosé Carlos López Bernárdez, que ten como obxectivo ofrecer unha nova ollada sobre a obra dun dos pintores chave na historia da arte galega. http://www.marcovigo.com/es/content/manuel-colmeiro-espacios-y-encuadram...

Entre elas, destacan varias entrevistas históricas a Manuel Colmeiro, procedentes dos arquivos de CRTVG e CRTVE, que comenzaron a publicarse na web do museo o 15 de abril. Grazas á esta especial colaboración, o público ten acceso á obra e pensamento de Colmeiro en primeira persoa.

O seu interese reside non só no seu valor como documento histórico, senón por achegar a perspectiva e reflexións do artista en tres momentos diferentes da súa traxectoria vital e artística. Os documentos do propio pintor insiren a súa obra na tradición política do realismo histórico e explican as motivacións sociais e estéticas das obras. O seu testemuño fai máis comprensibles as obras de claro matiz social ou a serie de tintas sobre a Guerra Civil.

As reflexións de Colmeiro explican tamén a súa procura dun novo clasicismo ligado ao cotián. O traballo do noso pintor, como el subliña, teima en presentar as cousas comúns, o milagre da existencia na súa imperturbada duración: as maternidades, as panadeiras, as tres grazas, as paisaxes, as naturezas mortas; temas que se presentan desde unha análise de enorme rigor que pode parecer inxenua porque evidencia as virtudes sinxelas ou os feitos típicos da vida local, pero que posúe unha forte carga analítica.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

ALT'11

Exposiciones

ALT'11 "La medusa parlante"

Lugar: AUDITORIO MUNICIPAL. - Vigo

Fecha: Todo el año

A obra de Yolanda Herranz e a exposición [leer +]
Somos Mujeres y estamos Aquí. Versión en vídeo da performance de Yolanda Herranz Pascual

Exposiciones

Somos Mujeres y estamos Aquí. Versión en vídeo da performance de Yolanda Herranz Pascual

Lugar: Museo Contemporáneo de Vigo (MARCO) - Vigo

Fecha: del 18 de Mayo al 20 de Septiembre de 2020

A obra de Yolanda Herranz e a exposición [leer +]

LA MEJOR INFORMACIÓN, CERCA DE TI


Disfruta desde tu ordenador o tu móvil de más de un centenar de retos como crucigramas o sudokus

Agenda de hoy

Tertulias en inglés

Tertulias en inglés

La Galería Jazz

A Igualdade non é un conto

A Igualdade non é un conto

Concello de Nigrán

Igualdade, onde estás?

Igualdade, onde estás?

Concello de Moaña

Actividades de Verán

Actividades de Verán

Centro Arqueológico del Arenal Salinae

Campaña Verano Loco

Campaña Verano Loco

El Trastero de Bouzas

La nueva colección Colmeiro en Vigo

La nueva colección Colmeiro en Vigo

Pinacoteca Francisco Fernández del Riego

Prev
Next
Encuentra los eventos de