Viernes, 24 Mayo 2019

Ferias y Congresos en Pontevedra

Bookcrossing, Maratón Sabidurius, e obradoiros infantís

0 votos
Bookcrossing, Maratón Sabidurius, e obradoiros infantís
Bookcrossing, Maratón Sabidurius, e obradoiros infantís

Museo Contemporáneo de Vigo (MARCO)

R/ Príncipe, 54 36202 - Vigo

Web oficial
23 de Abril de 2019
Horario: 12:00

Con motivo do Día do Libro, o MARCO súmase un ano máis á experiencia de Bookcrossing compartida con outras 54 bibliotecas de museos e centros de arte, na que se liberarán volumes relacionados con diferentes disciplinas procedentes dos fondos das súas respectivas bibliotecas. A solta de libros iniciarase a partir das 12.00 fronte á fachada principal na rúa Príncipe, e outros puntos da cidade.

Os participantes ponen en circulación libros libres coa intención de que quen os recolla, goce da súa lectura e volva liberalos noutro punto distinto do mundo. Cada libro estará acreditado coas súas correspondentes etiquetas, conterá as instrucións necesarias para facilitar a participación na campaña, e estará rexistrado na web www.bookcrossing-spain.com, onde os lectores poderán indicar o lugar no que atoparon e liberaron cada exemplar. O obxectivo desta iniciativa é sumar ás bibliotecas dos museos nun esforzo para o fomento da lectura e, máis en concreto, na difusión do coñecemento das distintas disciplinas artísticas.

Maratón SABIDURIUS

Para adultos e participantes a partir de 15 anos

Lugar: Biblioteca/Centro de documentación do MARCO, 1º andar

Horario: a partir das 18.00, en continuidade ata as 21.00

Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade

SABIDURIUS é o nome dun xogo de mesa creado por Eduardo Armada e Ramón Trigo, protagonistas da exposición Pantoque, que ocupou as salas da planta baixa do MARCO entre os meses de novembro 2018 e marzo 2019.

Pensado, deseñado e fabricado en Galicia, Sabidurius é un xogo baseado nas palabras, nas súas definicións, na imaxinación e na escrita. Sinxelo e divertido na súa dinámica e funcionamento, Sabidurius é un proxecto lúdico-educativo que reúne diversas disciplinas, cun deseño especial e único, e con máis de trinta ilustracións creadas expresamente polo artista Ramón Trigo.

Coincidindo co Día do Libro, a Biblioteca/Centro de documentación invita ao público a participar nunha experiencia compartida ao redor deste xogo, para o que se habilitarán 7 mesas con exemplares do mesmo, na que se poderá participar por quendas, organizadas en grupos de ata 8 persoas.


A-Z en XOGO!

Obradoiro infantil para público familiar

Para participantes a partir de 3 anos, sós ou acompañados de persoas adultas

Lugar: Laboratorio das Artes, 1º andar

Horario: de 17.30 a 19.30 [hora límite de entrada ás 17.45]

Entrada libre e gratuíta ata completar capacidade. Máximo 40 participantes

A partir da idea de xogo de mesa, celebramos tamén este día cos máis pequenos cun obradoiro especial e cunha versión adaptada ao público infantil. Crearemos o noso propio taboleiro de xogo e fichas, utilizando diversas técnicas, e inventaremos historias a partir de letras e imaxes, de xeito individual e colectivo.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Otros eventos relacionados

58 y 59 Exposicion Nacional Canina c.a.c.

Ferias y Congresos

58 y 59 Exposicion Nacional Canina c.a.c.

Lugar: Instituto Ferial de Vigo - Auditorio del Ifevi - Vigo

Fecha: Todo el año

Feria semanal que se celebra todos [leer +]
Mercadillo de Coia

Ferias y Congresos

Mercadillo de Coia

Lugar: Parque da Bouza - Vigo

Fecha: Todo el año

Feria semanal que se celebra todos [leer +]

Sorteos

No te pierdas el concierto de Los Secretos en Vigo. Sorteamos 10 entradas dobles para asistir al concierto de Álvaro Urquijo y su banda en la ciudad olívica el sábado 25 de mayo, en el Teatro Afundación

Encuentra los eventos de