Domingo, 18 Noviembre 2018

Proyecciones Cine en Pontevedra

Proxecta: Peter Freund

0 votos
Proxecta: Peter Freund
Proxecta: Peter Freund

Sala Ingrávida

Calle Pérez Leirós, s/n 36400 - O Porriño

Teléfono: 986 331 622
Web oficial
11 de Noviembre de 2018
Cota de asociado/a por sesión 5 €
Horario: 19:00

Esta fin de semana no Rebobina Cineclube temos a sorte de contar coa presenza de Peter Freund, un artista audiovisual, programador e teórico de San Francisco, California (EE. UU.). Coma artista, Freund traballa principalmente con filmes e vídeo instalacións en diversos lugares dos EE.UU., Canadá, Latinoamérica, Europa, Australia, Asia e Oriente Medio. O seu traballo aporta unha visión poética da alteración política mentres examina o aspecto histórico da memoria. Profesor do San Mary College of California, ensina Prácticas Artísticas afondando no uso experimental do medio audiovisual e crítica teórica. Tamén é editor e co-autor do libro "Trauma Desire Otherness", publicado pola Hong Kong Society of Psichoanalysis en 2013.

Este último ano leva facendo unha residencia artística co Werner Thöni Artspace e outra residencia de investigación co Museo de Arte Contemporánea de Barcelona (MACBA), ademais de estar coma artista convidado no departamento de Artes Visuais da Universidade de Barcelona.

Na súa visita á Sala Ingrávida centrarémonos na súa obra audiovisual e debullaremos os seus conceptos artísticos coa axuda da interpretación de Cynthia Bodenhorst, amiga da sala e antiga alumna do propio Freund.
Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Concurso

Encuentra los eventos de